Os Dereitos da Familia

Lorena Devesa Méndez
1 . CONCEPTO DE FAMILIA

O concepto que a sociedade ten de familia é:
Grupo social principal para o individuo. De ahí que se lle considere como a Unidade Social Básica .
A faimila é unha institución social que pode definirse no seu sentido máis amplo como ; agrupación de parentesco que cría e educa ós nenos nados no seu seo , ó mesmo tempo que intenta satisfacer outras necesidades humanas. Se unha determinada sociedade quere asegurarse a súa supervivencia , os seus membros terán que encontrar un medio de emparexarse , concebir fillos e educalos .
Cada época e cada sociedade , soe ter un concepto diferente da familia , xa que está exposto non só a modificacións na súa estructura interna polo paso do tempo , senón tamén polo cambio social que se da no seu entorno .


2 . TIPOLOXÍA DE FAMILA .

Co paso do tempo e en función das diferentes culturas , distínguense tres tipos de familia :
  • Famila Simple ou Nuclear .
    -Pai_Nai- e os seus fillos , excluíndo outros parentes . A familia nuclear responde ben ás esixencias das nosas sociedades . Nos países industrializados inpónse , este tipo de familias , simplemente polo tipo de circunstancias nas que se desenrrolan .
  • Famila Extensa.
    Composta por dous ou máis familias simples , e viven todos na mesma residencia : fillos , pais , avós ... Do que non cabe duda é de que a personalidade dos nenos educados no seo dunha familia extensa é totalmente diferente á dos que pertencen a unha familia nuclear .
  • Famila Composta.
    O fundamento deste tipo de familia é o matrimonio plural.A máis característica é a poligamia ca súa clasificación en : poligínica e poliándrica .


3 . ¿ MATRIMONIO = FAMILIA ?

Ó estudiar este artigo atópanse diferentes maneiras de defini-la familia ; pero algo moi curioso é que casesempre inclúense o matrimonio como sinónimo de familia . Este sería un tema moi discutido , posto que dependendo da mentalidade e características que cada un mostre será moi diferente á súa opinión. A continuación , e para que cada un se faga a súa propia opinión deste artigo , ofrecerei unha información básica do matrimonio , pero non indispensable .

  1. Monogámicos : un home cásase e ten unha soa muller .
  2. Poligámicos : pluralidade de cónxuges .

A poligamia divídese en :

  • poliandria : cando varios esposos teñen unha soa muller porque hai poucas .
  • poliginia :un home posee varias mulleres . Esta forma é máis común ca anterior .

Atendendo ó lugar de procedencia a poligamia pode clasificarse :

  • Residencia patrilocal : a parella permanece ca familia do esposo .
  • Residencia matrilocal : a parella permanece ca familia da esposa .
  • Residencia neolocal : a parella establece o seu domicilio independente dos seus pais .

Estas son as formas máis comúns pero non as únicas .
Normas de selección matriarcal .
Non hai sociedades onde se dea unha total liberdade á hora de elexir cónxuge .
a) Exogámicas . Prohíben o matrimonio entre persoas do mesmo grupo . Prohíben non só o matrimonio , senón tamén as relacións sexuais entre parentes cercáns , pais e fillos , irmáns entre sí ...
b) Endogámicas. Esixe que o matrimonio se realice entre os membros do grupo ó que pertencen . Endogamia de clase , relixiosa , racial ...


4 . FUNCIÓNS DA FAMILIA .

A continuación responderei ; mediante unha serie de investigacións , a unha pregunta feita moi amenudo pola sociedade ¿Cáles son as funcións da familia ?
Son as seguintes :

Regulación sexual _
Aínda que existen posibilidades alternativas , a familia é o principal canle através do que se satisfán os desexos sexuais . En moitas sociedades permítense as relacións prematrimoniais óas xoves , por considera-las unha experiencia valiosa para a vida conxugal .

Reproducción _
A reproducción pode levarse a cabo fora do marco , e aínda que moitas das sociedades aceptan ós fillos que nacen fora desta , a regulación formal da procreación refírese esencialmente á familia .

Socialización _
A familia é o grupo primario onde o neno está inmerso e é nela , onde comezará a desenrrola-la súa personalidade . Tomaraa como modelo e terminará imitando as súas formas . É moi posible que os nenos que non disfrutaron dun ambiente placentero , posteriormente encontren dificultades de adaptación á sociedade .

Afecto _
Unha relación cñalida , afectiva e íntima entre os seus semellantes só se encontra garantida na propia familia . Existen outro tipo de grupos ,( amigos , parella , ... ) , que poden fomentar estos sentimentos , pero en ningún deles se encontrará a resposta a esta íntima necesidade do neno e do adulto .
Status _
O marco de referencia onde se desenvolve a vida inicial do individuo pode cambiar , pero é moi difícil que os membros dunha familia cúns hábitos adquiridos , se acostumen a un modo de vida diferente .

Protección _
Un ataque a algún dos seus membros , supón un ataque a todos.

Economía _
Finalmente sinálase a función que desenrrola dentro da actividade económica , dado cá familia é a unidade básica de consumo .


5 . CAMBIOS E TRANSFORMACIÓNS QUE A FAMILIA PODE ESPERIMENTAR .

En toda sociedade hai momentos en , que os valores tradicionáis , chocan con outros novos ; isto recibe o nome de "críse de adaptación" .

  • Nas sociedades industriais , as familias tenden a ser pequenas , os valores da cultura urbana -individualismo , competencia- dan menos importancia ás familias grandes .
  • As sociedades modernas esixen unha educación tan ampla , que a familia síntese incapaz de cumprir unha das súas funcións pricipais , polo que ten que delegar en institucións especializadas .
  • Os deberes domésticos teñen menos importancia , e as mulleres casadas incorpóranse cada vez máis ó mercado de traballo . Ambos ( esposo e esposa ) traballan hoxe en día fora , o que dá lugar a unha relación de igualdade entre os cónxuges.
  • Estos cambios poñen ás novas parellas en situacións de conflicto e inseguridade , dando como resultado ó aumento de diversos con todo o que supón para tódala familia .

Cada día son máis frecuentes as relacións prematimoniais . A discriminiación da natalidade propia dos países occidentais , está ligada ó descenso da fecundidade da parella . Isto supón unha rápida pérdida da importancia da función reproductora , unha maior armonía familiar e a posibilidade de máis comodidades .
Se bservamos nos últimos anos , parece como se a familia deixara de se-lo principal axente de socialización . Pero a realidade confírmano-lo contrario ; dita función extendéuse a outros campos que antes non eran obxectos de interese . Quizá o maior perigo que afecta a esta función da familia sexa o mal uso das mensaxes que os xoves reciben através dos medios de comunicación .

-------CONCLUSIÓN E OPINIÓN PERSOAL-------

No capítulo IV , ( solidariedade ) , en concreto no artigo 33 , fáise referencia á vida familiar e profesional -"garántese a protección da familia nos plans xurídicos , económicos e sociais co fin de poder concilia-la vida familiar e a vida profesional , toda persoa ten dereito a ser protexida contra calquer despido por unha causa relacionada coa maternidade , así como o dereito a un permiso parental con motivo de nacemento ou de adopción dun neno"-.
Neste traballo intento mostra-las diferentes formas que o público pode ter de ve-la familia.Como opinión persoal , diría que , a xente utiliza a maioría das veces o térmo familia dunha maneira equivocada , ó decir matrimonio cren que se están referíndo á familia e non sempre é asi, por non dicir : NUNCA .
Observo , mellor dito observamos , que na sociedade en que vivimos o matrimonio non está resultando , nalgúns casos , o mellor térmo para defini-la familia . Aparecen moitos casos de malos tratos nos que , casesempre , a muller é a que sae malparada , aínda que cada caso é único . Fago referencia a isto posto que non soemos saber ó maltrato psíquico que ésta lle puido causar ó seu esposo antes de chegar a ditos
tratos.
é por isto polo que me limito a deixar a pregunta feita como lema , no aire .De tal forma que cada individuo , cada cidadán , é dicir , ti que o estás lendo , cree-la túa propia opinión sobre isto recordando sempre tódolos puntos de vista aquí amosados.