Xosé Neira Vilas
1928
Puro poeta civil
Naceu en Gres, na provincia de Pontavedra, e fixo estudios mercantís por correspondencia. Despois de traballar nunha serra durante cinco anos, emigrou a Buenos Aires en 1949, e empregouse como asalariado no comercio. En 1953 tomou parte na fundación das Mocidades Galeguistas e dirixiu o seu periódico "Adiante". Colaborou na prensa emigrada e en diversas empresas culturais de Buenos Aires e Montevideo. Casado coa escritora cubana exiliada Anisia Miranda, trasládase con ela a Cuba despois do triúnfo da Revolución. Estudiu na Facultade de Filosofía e Letras da Habana, é alto funcionario do Ministerio de Industria Básica e fai esporadicamente xornalismo e contos infantís para o público cubano. Non obstante, a súa actividade literaria é fundamentalmente a narrativa en lingua galega, á que ten dado varios dos libros de maior éxito popular de tódolos tempos.

Como poeta, só dous libros publicou: Dende lonxe (1960), e Inquedo latexar (1969).

A poesía de Xosé Neira Vilas é claramente secundaria con respecto da súa obra narrativa. A súa temática é case exclusivamente social e de denunciada inxusticia, e o seu tono é prosaísta e coloquial, case de todo ausente de preocupación formal.
TODO IGOAL
Acharéi cousas vellas:
a casa onde nacín,
as nogueiras,
o carreiro da fonte.
Todo igoal.

Mulleres co pescozo circio
camiñando baixo das cestas e dos feixes;
nenos de rir tristeiro,
homes que loítan co destino
mentras agardan
a chegada don mañán que lles prometeron.

Atoparéi os agros sementados,
as edras a rabuñar nas paredes,
os rodicios bulindo.
Frebe nos angazos.
Debezo de camiños feiticeiros.
Aglaio e confusión nas almas...
Todo igoal.

Todo igoal:
fartura circundante
desemulando arduras e farrapos.

Oué son as leis?
Ónde están os berros e as picañas?
Oué foi dos homes de Rui Xordo?

Principal