Xosé Luis Méndez
1938
O despestar da pólvora
Naceu en Ourense e fixo os primeiros cursos de Filosofía e Letras en Santiago. Licenciouse en Filoloxía Románica en Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En Compostela obtivera o primeiro premio de poesía nas Festas Minervais do 56, e desde rapaciño militou no nacionalismo radical, xa moi pronto marxista. Viaxou por Europa, coñeceu as correntes literarias do exterior e participou fortemente na renovación da literatura galega ocorrida a partir, máis ou menos, do 50. No 1964 cofundou a UPG, e posteriormente, por escisión daquela, o PGP e Galicia Ceibe. A súa intensa actividade política custoulle varios anos de prisión. Estableceuse moi pronto en Vigo, cidade na que reside e é profesor no Instituto Santa Irene. Novelista, crítico literario, poeta, espléndido articulista, Ferrín é a figura literaria máis relevante da Galicia actual.
O seu primeiro libro é Voce na néboa (1957). Despois publicou poemas soltos e un libro, Antoloxía popular, do heterónimo Heriberto Bens, que no 1980 se reeditou como Poesía enteira de H.B. coa inclusión do longo poema Sirventés pola destrucción de Occitania. En 1976 saiu Con pólvora e magnolias, e en 1982 0 fin dun canto.
Tense dito que a poesía de Ferrín está influenciada pola última de Cunqueiro,e será asi porque ás veces as influencias son reciprocas. Quen lea Voce na néboa, verá que na Herba de aqui e de acolá cunqueiriana hai evidentes pegadas daquel asombroso libro xuvenil do Ferrín, no que se amosa xa maduro este tan inmenso poeta como xenial narrador e creador de mundos.
FRAGMENTO
Na montana bateron os tan
Un berro negro silenciou a vila.
Os mercadeiros
pararon a barata. El Rei ergueuse.
Viña un xinete de longa capa ao vento,
o escudo de pel de urso na dereita,
lanza grosa,
coma un touro bravo de bidueira.
Qué espantoso o seu berro nas montanas!
Os baixos do Anrhaa
ergueron mais outo o seu fragor.
O tan
Tras da capa longal do cabaleiro
abriase o ventalle impetuoso
de cincocentos túzaros monteses.
En Omskri
o pobo encarouse co mel Rei:

montanés, pai do rebezo!!
O mel Rei quixo fuxir,
pro a furia de Kastrel entrou na saa,
entrou na saa batuxada en quente viño.
Kastrel, o fillo do penedo,
rexa de pel de león cinguindo o corpo,
boina cos cornos
duros e retortos do bisonte.
Na mao áspera
a folla núa e longa...
(Qué fremosa a grande sea
co sangue quente a fumegar en regos!)

Principal