Xosé Fernández Ferreiro
1931
RIBEIRANA DO SIL
Continuador do imaxinismo
Ribeirana do Sil,
cando pases o río,
pensa en min.

Ribeirana do Sil,
se vas ó convento,
reza por min.

Ribeirana do Sil,
se algún día queres,
quéreme a min.

Ribeirana do Sil,
o día que eu morra,
chora por min,

porque ribeirana,
ribeirana do Sil,
eu por ti morrín

NÁIADE DO SIL
Namoreime dunha Náiade

das verdes ondas do Sil. .

En branca dorna de escumas
polo río naveguei.

A dorna collia auga,
comigo ó fondo se foi.

Meus amores naufragaron,
miña Náiade morreu...

Teño un amor enterrado
nas verdes augas do Sil.

A COVA DO SIL
No fondo do Miño
está enterrado
o corpo do Sil.

Almas xenerosas,
se é que rezades,
rezade por il.
Naceu en Nogueira de Ramuín, e xa moi novo marchou para Ourense, onde traballou como empregado de comercio. Fundou nesta cidade o grupo cultural "Xente Nova", e colaborou en "La Noche". No 54 foise para Madrid, e ó tempo que estudiaba na Escola de Periodismo colaborou en xornais e revistas daquela cidade, e tomou parte na fundación do grupo "Brais Pinto", que quizais bautizase el mesmo co nome deste imaxinario afiador. Máis tarde regresou a Galicia para traballar nas redaccións de "La Noche" e de "La Voz .. de Galicia".

A obra literaria de Fernández Ferreiro é principalmente narrativa. Na novela practicou por primeira vez en galego xéneros coma o western en A morte de Frank González, de gran calidade poética, ou a ciencia-ficción de Reportaxe cósmico, sen por eso deixar de novelar ben noutros eidos máis tradicionais.

Como poeta, publicou Ribeirana do Sil en 1952, e A noite en 1959. Hai moito tempo que parece ter deixado a poesía.

Se a novelística de Fernández Ferreiro é importante, a súa obra poética, tan cedo interrompida, non alcanza o seu interese. Continuador sen orixinalidade do imaxinismo nun principio' "esta limitación (...)", di Méndez Ferrín, eméndase no segundo libro, no que o hilozoísmo imaxinista' aínda que manténdose, faise máis orixinal e combinase con pasaxes de prosa surrealista".

Principal