|
Naceu na provincia de Ourense na viliña chamada A Barca, e tamén Barbantes-Estación. No 1936 emigrou a Buenos Aires, onde se adicou ó xornalismo. Fundou con Eliseo Alonso e Teodoro Campos a revista "Mundo Gallego", e colaborou noutros xornais e revistas. Tamén foi un destacado pintor. Durante a súa estadía en América facía frecuentes viaxes a Galicia. Os seus últimos anos residiu en Ourense.
Xosé Conde foi premiado nun concurso da Casa de Galicia de New York por un primeiro libro de poemas titulado Flor saudal, que permanece
aínda inédito. Ten publicado varios libros de poesía en castelán, e en galego deu a luz Nouturnio de soadades (1952), Muiña da noítébrega (1955), Terra aluciada (1959), e Os meus cantiles (1981).
Se nun principio Xosé Conde fixo unha poesía vinculada estéticamente á xeración do 25, posteriormente executa uns poemas de tema político e social moi na liña de Luis Seoane, nun verso bronco e de ancha retórica por veces eficaz. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Está nun recanto, inmóvil,
con toda a súa vellez no rosto.
É unha figura de cinza
agardando o sopro que a desfaga.
Oué cisma esa velliña presa na arañeira da saudade?
Está nun recanto con todos os soños esvaídos,
con medo á rúa, ós homes, ós árbores
¡Ela que era todo planisferio!
Foi tras de unha voz que amaba
na caracola do corazón
e unha imaxe cristaizada na ialma.
Foi tras da voz que amaba,
do corpo que mimara con máns de raiña
i achouse con descoñocido.
Tiña un mensaxe pra darlle,
un segredo,
e non soupo lembrar
o que néla era inesquecente.
Quedou orfa na súa vellez
coa angucia telúnica do arbre.
Soia, nun recanto, olla dende a fondura
dos ollos apochancados
pensando na cova tépeda que deixou no seu adro. |
|