|
Manuel Cuña Novás naceu en Pontevedra. En 1951 viviu varios meses en París, becado pola Deputación daquela provincia. Non cursou estudios universitarios, e entrou moi novo como funcionario administrativo no seu Concello. Nos últimos anos adicouse ó xornalismo local e foi senador polo PSOE.
Cuña Novás comezou a escribir en castelán e publicando poemas en distintas
revistas. Posteriormente, publicou poemas en galego en follas soltas de distribución amistosa, e en 1952 editouse o seu único libro, Fabulario novo, considerado un dos textos principais da poesía galega da postguerra. Moito máis tarde, no 1977, deu a coñecer (en edición non venal) un prego contendo un longo poema Canto e fuga da irmandade sobre da terra e da morte.
Fabulario novo é un libro que, fóra dalgunhas ocasionais pegadas imaxinistas e neotrobadorescas, introduce na poesía galega un surrealismo sombrío e anguciado que dá orixe á chamada "Escola da Tebra". Contén unha poesía intencionalmente dificil, persoalísima, por veces un algo confusa por problemas de orde máis ca nada lingüística. O poema Canto e fuga.., case só coñecido entre poetas, é sen embargo dunha perfección expresiva absoluta, dunha beleza arrepiante que nos agarra e non nos solta xa nunca máis. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ouvean chamas irtas ao agallopar da morte
e a tua fronte xiada é un muro de silenzo.
Debruzado na herba
-o oco da tua soma no muro dobra a lúa-
o orballo, pinga a pinga, pendura dos cabelos
e unha ranciña nova croa sinxelamentes
á noite dos teus ollos.
Longo era o viaxe no longo tren da noite.
Ti ías podrecendo a tua ialma nas verbas,
amosando as tuas chages.
Cando ao túnel burlache a tua vouga calidá de burato
cuspínte na faciana.
Despois, da man da morte xiada, adeprendiche
a andar na tua soma, o oco da tua soma,
paseniño e soave, sin feríla,
dende a testa até os pés.
Entón arrepentime, e con pena nos beizos
e teu rostro azuado limpei de sangue e néboa. |
|