|
Eliseo Alonso Rodríguez naceu en Goián (Baixo Miño), fose no ano que anotamos ou no seguinte, e finou o 18 de novembro do 1996. No 1950 emigrou a Buenos Aires e traballou alá na prensa da Arxentina, con grande éxito profesional. Traballou tamén na prensa galega emigrante (fundou "Mundo Gallego" e dirixíu "Airiños", órgano da Casa de Galicia), e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de "EI Pueblo Gallego" de Vigo. Volto para Galicia, seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega, e especializouse en temas de caza e pesca, nos que excele.
E autor de varios fermosos libros en castelán sobre a súa terra natal, e de magníficas narracións: os Contos do Miño e maila novela A rúa do noxo.
Como poeta, E.A. publicou só dous libros: Cantos de cotovía (1950), e Seara de romances (1952). Bastantes poemas non recollidos en libro viron a luz en revistas hispánicas e americanas.
Da súa obra poética (Publicada en libro) di Fernández del Riego: "... sinala un despegue das formas esteticistas e popularistas cara a unhas formas máis libres, inda que barrocas, no aspecto formal". E Ferrín, da súa puesía última: "... É dun bronco expresionismo caricaturesco (con ecos valleinclanescos ou de Camilo José Cela) e dun sentimentalismo donde e case envergoñado... (nela) latexa a vivencia radical da morte en canles expresivas xocundas e libérrimas". |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
De todos os paxariños,
o pisco,
amado de Xesucristo.
Pendurado nas curutas,
ai, pisqueiro, pisco, pisco,
a desenfiar cantigas
no corete dos sanguiños.
Solfas do pisco, pisqueiro,
seráns do maio, maieiro.
O pisco ten peito roxo,
peito roxo ten o pisco.
Estaba xa Deus na crús
coroado cos espiños.
Revoa que te revoa,
moito revoóu o pisco.
Iba tirando unha a unha
espiñas a Xesucristo.
¡Bermella sangue de Deus
tintou seu peito belido!.
|
|
|