Eduardo Moreiras
1914-1991
Secreto reflexivo, emocionado
Naceu en Guiroga, e vivíu na Coruña e en Santiago na súa primeira xuventude. Entre 1948 e 1952 dirixiu a revista "Mensajes de Poesía", e máis tarde, con Luz Pozo, a revista de poesía e critica "Nordés". Tense adicado á traducción de poetas coma Paul Eluard. Foi home pouco amigo das aparicións públicas.

O seu primeiro libro de poesía galega é A realidade esencial, de 1955. Desde aquela data mantivo a fidelidade á lingua nacional con Paisaxe en rocha viva (1958), Os nobres carreiros (1970), e O Iibro dos mortos (1979). Publicou tamén ensaio e narrativa.

De Eduardo Moreiras di Méndez Ferrín:

"A poesia de E.M. sitúase entre a mellor da súa xeración. Líquida completamente o restroballo imaxinista. Vai, libro a libro, alzando un edificio cheo de ecos, de misterios, de evanescencias: como Pimentel. A súa dicción é grave, sinxela, delicada. Polos seus versos libres
MULLER DO POBO
Nos seus zocos préndese a erba
no seu peíto síntese latexar o lume,
e as longas trenzas so o pano vello
enrédanse ás silveiras.

Grosos beizos pra beber a vida
pra encher a faciana e chamar ó neno:
maus que cheiran a erba fresca,
a leíte puro do luceiro da noíte.

Cinguen a cintura espigas de centeo,
vai soia por un camiño
e as ondas do áer quentan, e estalan
froitos loiros no resprandor do día.

Hai un día por vir pra os homes novos.
A súa forza pare luz nista tristeza.
Véndoa vir, na primavera eterna, .,
sábese certo que non é inutil a vida.

Pétanlle no ventre os pulos do océano.
No mundo enteiro outros irmáns unidos
chámanlle nai das noites meigas.
Ela o sabe e vóanlle polo peíto
cantigas de amor pra os fillos que agardan.

Principal