|
Naceu en Vigo, filla de nai galega e de pai mexicano, e viviu naquala cidade ata o 1949, ano en que marchou a Buenos Aires, iniciando unha etapa de viaxes e relacións intensas no eido intelectual cos máis destacados intelectuais americanos e galegos no exilio. Volta de América, residiu unha tempada en Madrid e desde 1955 reside en Vigo. Ten colaborado en revistas e xornais e editou discos con poemas seus que magnificamente recita.
É autora dunha longa obra poética en español. En galego publicou Cantiga do vento (1956), Canaval de ouro (1962), Cantigas de amigo a Ramón González Sierra do Pampillón (1972), A sombra ergueita (1976), e Cantigas para un tempo esquencido (1986).
O primeiro libro e María do Carme Kruckemberg é xustamente o que o título anuncia: poemas de estirpe populista, sobre o modelo da cantiga popular, con abondosos ecos de Amado Carballo quizais, da Rosalía dos Cantares. Limpidos e ben feitos, ledos de ler, son superados no segundo libro, de dicción máis persoal, simple e matizada, e sobre todo en A sambra ergueita; deste, Ferrín anota que, superada a recatada timidez dos anteriores, é "o libro máis rotundo, valente e ousado de Maria do Carme Kruckenberg (...) Ás veces o ton é himnario, musculado, fogoso; outras, respirase confianza e seguridade na "razón ceibe". |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aquí estamos de sempre,
desde sempre
destruíndo o sorriso e a ledicia
como acios calcinados
por un odio imaxinario;
asesinando o agarimo
e sangueándonos a fronte
contra o mañan.
Aquí, sen posibilidade de sosego
por este andar en círculos eternos,
por ese non saber de horizontais,
nen de cardos, nen lilios.
Aquí, aquí o tremor constante
polos beizos,
aquí a dor e anceio apreixoados,
aqui chorando esta resina aceda
que nos medra nos ollos.
Aquí estamos irmans...
desde sempre. |
|