Berdardino Graña
1932
O gran poeta do mar
Naceu en Cangas do Morrazo, e de moi novo foi encamiñado ó cultivo da poesía por seu pai. Fixo o Bacharelato en Ribadavia e Vigo, e a carreira de Filosofía e Letras iniciouna en Santiago, onde colaborou activamente en "La Noche" e gañou algún premio das Festas Minervais, aínda convocados só en castelán. Despois dunha intercupción, seguiu os seus estudios en Salamanca e logo en Madrid, cidade na que se integrou no grupo "Brais Pinto" e participou nas súas publicacións de poesía galega.

Rematada a carreira, exerceu o ensino en varias cidades, gañou cátedra e estivo bastantes anos fóra de Galicia. Volto á terra, ensinou nos institutos de Padrón e de Cangas, onde segue actualmente despois duns anos no Brasil. Ademais de poesía, publicou dúas obras dramáticas e un libro de contos.

A obra poética de Bernardino está recollida nos libros: Poema do home que quixo vivir (1959), Profecía do mar (1966). Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1980), Sima

Desde a despreocupación formal e a angucia existencial do seu primeiro libro,
Bernardino pasa na Profecia... a unha poesía nobilísima de empaque formal na que canta o mar como ninguén soubo facelo. É este libro enteiro unha das obras líricas máis grandes da literatura galega. Despois dunha certa caída no terceiro, Bernardino recupera o seu ton de gran poeta nos tres últimos libros. Poeta materialista e profético, modelo de lingua, conmovedor e cósmico.
O MAR MAIS LONGO
O mar mais longo
é o meu sangue.
O mar mais fondo
é esta canle
por onde eu vou.

Lonxe, moi lonxe,
nun sei ata onde,
por el navego
feito un ardor.

Non teñas pena

que todo pasa,
que todo morre,
menos o sol.

Non teñas pena

E sempre teño
que consolarme
coa propia voz.

Non hai pousada,
non hai quen veña...

Todo por fóra
ten un silencio...

Óllanme as árbores
e abren os brazos...

Eu estou fóra
e non sei quen son.

E o mar máis longo,
o mar máis agre
vaíme comendo
nas tardes longas...

É o mar que cruza
O meu corazón.

Principal