Valentín Paz Andrade
1899-1987
Gran poeta elexíaco
Naceu en Leres, arrabalde de Pontevebra, e licenciouse en Dereito por Compostela. Exerceu a avogocía en Vigo desde 1921, vinculado ó mundo empresarial. Estivo de sempre relacionado co sector pesqueiro galego, ó que contribuíu con numerosos estudios. Dentro deste ámbito, desempeñou misións de asesoramento, participou en congresos e dictou conferencias.

Galeguista desde moi novo, tivo desde cedo unha importante actividade política. Dirixiu o periódico "Galicia" [1922-26), foi candidato ás Constituíntes,

substituíu a Casteleo, desterrado en Badallousa, na Secretaría do Partido Gale-guista, participou activamente na campaña do Estatuto do 36 desde as páxinas de "EI Pueblo Gallego". Triunfante en Galicia a rebelión militar, estivo desterrado en varios lugares de Ourense, ata o seu retorno definitivo a Vigo.

Publicou tres libros de poesía: Pranto matricial en 1954, Sementeira do vento en 1968, Cen chaves de sombra en 1979. É tamén autor de varios ensaios literarios e históricos, á parte dos económicos.

Valentín Paz Andrade é un poeta de madurez e de motivación esencialmente patriótica, de verso eficacísimo coma un martelo que exalta ora a memoria de , Castelao, ora as terras e as xentes do traballo de Galicia. "Robusto e sonoro estro épico" lle atribúe Méndez Ferrín, e dificilmente podería expresarse mellor.

CANDO TI VOLVAS...
Na matricial Galiza, sempre túa,
que dende a Torre de Hércules ó Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando tí volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando tí volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando tí volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
canto tí volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando tí volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando tí volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando tí chegues polo mare,
cando tí chegues polo mare...

Principal