Ramón Cabanillas
1876-1959
O Poeta da raza
NA MORTE DE CASTELAO
O chamado "Poeta da Raza" naceu e morreu no seu Cambados ?vello, fidalgo e soñador?.
Estudiou no Seminario de Santiago pero deixou a carreira eclesiástica e emigrou a Cuba. De volta a Galicia foi Secretario en varios concellos do pais, e botou algunhas tempadas no Balneario de Mondariz. Estivo vencellado ós movementos agrarista e galeguista. Xa na vellez instalouse en Madrid,e alternou a residencia naquela cidade con estadas en Cambados e no mosteiro de Samos, que cantou excelsamente.

Publicou o seu primeiro libro No desterro, en 1913 xa case corentón, e desde aquela ata a súa morte, nunha fecunda senectude, construíu a obra poética máis estensa

Cabanillas é un poeta de alento excepcional, e a súa obra non se pode cinguir dentro dos límites dun estilo. Hai nos seus versos moito de modernista e parnasiano, pero hai tamén un poeta cívico e patriótico, un lírico delicado, e un épico maravilloso nas súas sagas Da noite estrelecida. Quizá ningún poeta galego posuíu unha lira tan multiforme, e en certo modo a súa obra parece conclusión e resume da dos tres grandes do Rexurdimento noso: o estro cívico de Curros, a épica de Pondal, o popularismo eo intimismo de Rosalía.
¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoss as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda?
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin?
Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso.
brillaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da tua man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitóu a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en despero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor á Terra!

Principal