Emilio Pita
1909-1986
SAGA DA VELLA LELÍA
O Imaxineiro da palabra
Por terras verdecentes vai o vello troveiro,
dos seus ollos pendura o sono derradeiro
Leva a viola ao lombo, nos beizos a voar
a píllara lelía pol
A cántiga endoada, sin a frol da ledicia
a cántiga qu'abala toda a dór de Galicia.
Ouvide campesiños, ouvide mariñeiros
ao vello mais velliño de todol
Ouvide a nova cántiga magoada e doída,
bulindo na saudade do bardo e do druída
Piñeiro sin arume, faciana vagaxeira
Galicia se desfolla como vella roseira.
Galicia é un gran cruceiro sin terra onde pousar;
o sono derradeiro solagouse na mar.
O ledo sono morte, ay non a morte sono,
por ríos verdegados a balandra sin dono;
por ríos verdegados a balandra senlleira
no corazón ao vento a Terra silandeira,
a Terra silandeira por vieiros abisales,
xa morreu o albariño nas montañas e vales.
A louvada ringleira é un longado cruceiro
sin terra onde pousar o sono derradeiro.

Ay o Alexandro Bóveda, todo él feito arela
tornado agora vento e lilio e auga e estrela.
Ay o Antón Picallo, aloirado de sol
tornado agora amerodo e fiuncho e frol.
Ay o Anxel Casal e o Víctor Casas co arume
dos antergos penedos e arrecendo do lume.
Ay o Galán Calvete folla de chuchamel,
inxenuo coma unha liria de leite e mel.
Ay os mozos bariles, ay os mozos lanzales
froliñas e regatos roxos nos verdes vales.
Piñeiro sin arume, faciana vagaxeira,
Galicia se desfolla como vella roseira.
Naceu na Coruña e ós dez anos emigrou a Buenos Aires. Viaxou a Galicia ó proclamarse a República, e durante esta viviu na Terra o 1933 e 1934."Durante estes anos participa con intensidade na vida literaria e artística do país", di Méndez Ferrín, "e adhírese sucesivamente á FMG e ó Partido Galeguista. Desde 1934 non voltou a visitar a terra natal. Reside en Buenos Aires adicado á literatura e á musica".

Emilio Pita, que empezara a traballar nunha casa comercial de Buenos Aires, foi un autodidacta que chegou a posuír unha gran formación literaria e musical. En Buenos Aires fundou e dirixiu o cuarteto vocal Ultreya, e é autor dun traballo sobre Música popular galega e da parte sobre música e danza da Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Publicou catro libros de versos: Jacobusland (1942), Cantigas de nenos (1944) Os relembros. As cantigas (1959), e O ronsel verdegal (1964).

A súa poesía é dunha gran habelencia técnica e espléndida de imaxes, que se manifesta mesmo en moitas composicións de contido político democráticogaleguista. Pero escoitémo-lo a el mesmo: "A miña poesía quer ser, ante todo, canción: canción do albre, da flor, do paxaro, da mar, do vento, dos nenos e dos homes da miña terra"

Principal