Emilio Álvarez Bláquez
1919-1988
TRIADAS DE SANTIAGO
I
Poeta delicado e esencial
Dende a mar a Compostela,
van as miñas arelanzas
por un vieiro de estrelas.

Dende a mar, fonda e salgada,
que sementoú de vieiras
o dondo berce da praia.

Qué ledo que cada cuncha
fose unha estrela caída,
como unha froliña murcha.
Nacido en Tui, coma seu irmán Xosé María, participou antes da guerra, pose á súa extrema xuventude, en varias actividades culturais, como a fundación de revista xuvenil "Tude", que dirixía Ferro Couselo, profesor no Instituto de Ensino Medio da pequena cidade, e noutras que a sublevación militar tronzou nos seus inicios. Interrompeu os seus estudios de Maxisterio e Filosofía e Letras polos sucesos do 36, e trasladouse a Vigo, cidade na que sempre viviu e na que foi Canceler do Consulado do Uruguay desde o 1947. Ditou infinidade de conferencias en Galicia e América, ata que un cáncer o deixou sen cordas vocais condenado ó silencio, e particupou na creación da Editorial Galaxia, da Colección Salnés de poesía e das Edicións Castrelos.

Publicou, a parte de poemas dispersos, os Poomas de ti e de min en colaboración con seu irmán Xosé María. Poucos meses antes de súa morte saíu do prelo O tempo desancorado.

Antes da publicación deste último libro, dicía Méndez Ferrín: "Pudor sentimental e delicadeza de execución, brilan nos escasísimos versos publicados por este autor. Unha poesía limpa e esencial, non exenta da mellor especie de humor emocionado". Algo así podería dicirse de O tempo desancorado, fincando ademais na atmósfera de melancolía, de tristeza xangal, que envolve os seus perfectos heptasílabos que fan deste brevísimo libro unha das grandes xoias líricas galegas.
II
Sant-lago, meu patroeiro,
quén dera soñar contigo
tódola noitiña arreo.

Espertar moi de mañan
co primer galo do día
e co primeiro alalá.

Quén dera soñar contigo,
si non fora porque teño
os sonos comprometidos.
III
Si a miña nai me deixara
mañan ía a Compostela,
descalzo i a pan e auga.

Pan de broa, loiro, lévedo:
Auga da fonte fontiña
e unha vara de amieiro.

Si é que non vou, non será
porque non teña vontade,
miña nai, de eternidá...

Principal