Celso Emilio Ferreiro
1913-1979
O Gran poeta civil
MOI LONXE
Naceu en Celanova, de familia de, comerciantes. Non chegou a remata

En 1973 radicouse en Madrid, onde foi redactor dunha revista médica e dirixiu as actividades culturais galegos do Ateneo. Morreu en Vigo no 1979.

En Cartafol de poesía, publicado en colaboración con Xosé Velo no 1936, aparece só un pooma de CEF. Os seus libros esenciais de poesía galega son,entre outros: O sono sulagado (1954), Longa noite de pedra[1962], Viaxe ao país dos ananos (1972), e Onde o mundo chámase Celanova (1975). Cos pseudónimos de Arístides Silveira e Alexis Vainacova publicou violentísimos poemas satíricos. Hai unha edición das súas obras completas.

A obra de Celso Emilio domina o panorama poético de toda unha época na que foi o estandarte da poesía comprometida de intención social. Hoxe que o seu credo poético está tan estupidamente desprestixiado, CEF non está de moda, pero a súa poesía fica inconmovible como un dos grandes fitos das nosas letras.
Verdes outeiros da nativa terra
durmindo nun azur de fumes quedos.
Rente de min estades, doces cumes,
pero eu estóu mui lonxe, lonxe, lonxe.
Serpe de prata, río, longo espello
pasando con lecer. As túas augas
navegan o meu peito lentamente,
pero eu estóu moi lonxe, lonxe, lonxe.
Un neno loiro en preces sulagado
buscando amor. Agora vai conmigo,
dentro de min, chorándome na ialma,
pero eu estóu moi lonxe, lonxe, lonxe.
Un día voltaréi, nativa terra
a descansar en tí dos mous camiños,
mais non te alcontraréi. En min te levo,
pero eu estóu mui lonxe, lonxe lonxe.
LONGA NOITE DE PEDRA
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están .
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Principal