Gómez Ledo Avelino
1893-1977
Un grego tradicionalista
Naceu en Chantada (Lugo), e fixo estudios de crego no Seminario de Madrid, onde pasou a maior parte da súa vida como párroco da San Agustín. Unha vez xubilado, regresou á súa vila natal, onde morreu.

Ten unha estensa obra ensaística en prosa castelá, fundamentalmente sobre temas relixiosos. Defende nela postura católicas integristas, contrarias a toda
renovación, que cadran perfectamente co seu reaccionarismo social que o leva a ser partidario da dictadura franquista. Contrasta con esta posición politica a súa notable fidelidade poética ó idioma galego.

Publicou o Romanceiro compostelán en 1926, Bórreas en 1928, Cancioneiro da Nosa Señora do Faro en 1953, Terra-Nai en 1969. Pero o máis notable da súa obra son as traduccións de clásicos ó galego: as églogas de Virxilio en 1930, as Xeórxicas en 1964, e en 1973 unha escolma de poetas gregos e latinos, onde confesa inxenuemente ter rebaixado "certo realismo dalgunhas expresións" por non "luxar as concencias da xuventude".

A poesía de Gómez Ledo está moi influenciada por Cabanillas, especialmente polo épico no seu primeiro libro, no que usa con soltura o alexandrino e o oitosí
labo de romance. Tamén manexa formas paralelísticas medievais e estrofas clásicas coma o soneto. En conxunto, a súa obra poética non é de gran valor, pero algúns poemas seus brillan polo poderoso verso.
ALEIVOSIA
Fillos de Breogán... fillo eu da terra
antre todas do mundo a máis belida
levo aberta na ialma unha ferida,
boca de sangre que os meus dores berra.

Hai feras máis doentes que as da serra
que escalazan a nai enrevellida,
e con afouto criminoso a vida
vanlla furtando en desleigada guerra.

Hora é xa de apupar contra a inxusticia,
xuntémonos os bos e xenerosos
baixo o lábaro santo de Galicia;

demos aixiña conta dos raibosos,
pra honradeza da terra e pra ledicia
dos que levamos o ideial nos ósos.

Principal