Ánxel Xohán
1901-1965
O descoñecido de Lugo
QUERIDA LOLA
Anxo Xoán González López naceu en Lugo. Ingresou no Corpo de Telégrafos en Sevilla no 1918, e no 1932 foi destinado ás Canarias, onde casou con Dolores Doreste, dunha familia deintelectuais das illas. Durante a dictadura de Primo de Rivera e a República colaborou nas publicacións culturais galegas "Ronsel" e "Yunque" con debuxos e gravados. Cóubolle o honor de avisar telegráficamente ó goberno lexítimo do alzamento de Franco, e sufriu prisión en Las Palmas durante cinco anos. Saído da cadea, publicou varios libros de poesía en castelán, e en 1948 trasladouse a Lugo, onde interveu na creación e dirección da colección poética Xistral, seguiu gravando e debuxando e organizou
varias exposicións. Enfermo de cancro, morreu en Madrid.

A poesía de Ánxel Xohán é dunha rigorosa perfección formal que se manifesta especialmente nuns sonetos de preciso fraseo e musicalidade rotunda,que só de cando en cando eiva algunha construcción gramaticalmente incorrecta.
Sabrás que túa ausenza ten ourela,
que arrecende a ese ar que tí arrecendes,
a ese ar soio teu no que me prendes
o mesmo que un lumbror e atal sinxela.

Un día fixen niño dentro dela,
e de entón cada intre te me acendes,
te me alampas na ialma e máis me fendes
en degoiros de tí como daquala.

Non sabes, miña noiva? De asomade
me faguía tí mesma e me vertía
nun anceio de longa maruxía).

Tamén hoxe é así, é ate que acade
co meu fondo mencer teu meridía
sulcaréi cara a tí miña badía.

Principal