Angel Sevillano
1906-1989
UN ANXO
Do mar e da terra, o gozo
Eu sentin trepar, meu pai,
e máis nun pasóu ninguén;
coido que sería un anxo?
Eu ficaba eiqui soliño,
nista xesteira en frol,
í o anxo viría enredar conmigo,
ti non coidas?
E qué xoguetes terán os anxos?
Terán cabalos de cartón?
E podrase entrar no ceo
con cabaliños de cartón?
El Señor, de certo,
xogará cos nenos e cos anxos;
farán carreiras, andarán ós niños
e chimparán abelás ás reboladas?
Cando eu vaia ao ceo
quero levar o meu cabalo
e mais o carro de tres rodas
que me mercache no feiral.
Eu montaréi, i os anxos
turrarán por min, nonsi?
habrá estreliñas fartas sementadas;
deixarán andar nelas?
Cando eu vaia ao ceo
ti has vir conmigo, ¿Non é certo?
Sinón non quero ir.
E hai que morrer, meu pai,
pra poder ir o ceo?
Mais qué falas tí, meu pequeno,
qué falas; ti non ollas?
O ceo fica eiquí,
Dios fica eiquí,
o Anxo fica eiquí onte ti moras?
Imos xogar co carro;
¡qué sol cego,
que vida mais fermosa!
Naceu en Vigo. Di Fernández del Riego: "Fixo estudios comerciais e de idiomas. O seu camiño torceuse de contado, por inadaptación. Pero os idiomas fóronlle ú
tiles para o coñecemento, no seu mollo, dos escritores
extranxeiros. Cando tiña 18 anos compuxo os seus primeiros versos".

"A súa actividade fundamental foi o xornalismo", segue dicindo Del Riego ?que encetou facendo colaboración para varios xornais galegos".

O seu primeiro libro de poesìa é O muiño albeiro, de 1935. No 1938 (sic) publicou en Vigo O amor, o mar, o vento e outros gozos.Terra liñar é de 1947, e As donas da preguiza de 1963.

Anxel Sevillano parte dun certo postmodernismo para achegarse ás avangardas moi da man de Amado Carballo, con quen ten puntos en común especialmente nas súas primeiras obras. O seu tema principal é a paisaxe, e en canto á forma, el mesmo di de si: "Para min a poesía, por enriba de fórmulas e de arquitecturas, é somentes unha cousa: sentimento. (...) Emporiso, a métrica non ten importancia, nin a consoancia, que non debe supoñer para o poeta unha preocupación. En todo caso, inclínome polas formas populares chamadas de poesía menor..."

Principal