![]() |
||||
Baldomero Iglesias Dobarrio (MERO) e Xosé Luís Rivas Cruz (MINI), levan vai dun cuarto de século pescudando nas tradicións, costumes, contos e cantos que as xentes deste País gardaron na memoria, para evitar a súa perda e poder transmitilas á posteridade. De cegos e non cegos recolleron por todo Galicia- milleiros de cantos dos que aquí se ofrece unha boa mostra. |