Omes e mozos solteiros
vinde todos a escoitar
as trampas que fan as mozas
cando se queren casar.

Pra que as queiran os mozos
xa non saben que facer
poñense de tal maneira
que se votan a perder.

Inda que os mozos non teñan
gana de cousa ningunha
poñense tan ben a xeito
que logo caen da burra.

Con esos novos peinados
moitas parecen o demo
pois levan unhas montañas
que logo chegan o ceo.

Trapos e medias non faltan
pra lles meter pol-o medio
parece que van pra feira
cargadas de estraperlo.

Agora veulles a moda
de esos vestidos tan guapos
que igual parece que van
metidas dentro de sacos.

Tan apretadiñas van
que apenas poden andar
como o género está caro
todo o fan por aforrar.

Mesmo parece que as pobres
levan as pernas atadas
pra subir una escaleira
teñen que subir a gatas.

Os mozos estan contentos
o velas de esa maneira
porque con eses vestidos
collense ben na carreira.
Non direi mais das mociñas
porque se van a enfadar
porque tamén os rapaces
teñen moito que rascar.

Apenas teñen quince anos
xa empezan a mocear
e cando están coas rapazas
aínda non saben falar.

Van fumando un cigarro
como que son moita cousa
e moitos de eles non teñen
con que tomar unha copa.

Todos son muy cariñosos
cando van a namorar
e con contos e mentiras
moi ben saben camelar.

Xuran que nunca na vida
as poderán olvidar
e en canto logran a súa
outras se van a buscar.

Primeiro piden un bico
e despois pouquiño a pouco
cando a moza se descuida
metenlle o merlo no souto.

Os mozos de hoxe en día
teñen a cara tan dura
que engañan a mais de un cento
e non cumplen con ningunha.

En canto ven que as rapazas
empeza na chocar fillos
xa non se lles ve o pelo
encima márchanse rindo.

Mentras que as pobres mociñas
quedan co regazo cheo
chorando pol-os caminos
as alegrías do inverno.