Bartolo tiña unha filla
que se chama Lionor
e un día estaba cosendo
sentada no corredor.

O corredor xa de vello
tiña aberturas no piso
e o que por baixo miraba
*
víalle o paraiso.

Mais o demo de Saturno
que alí viu a Lionor
foise coma unha centella
por baixo do corredor.

Tapa as pernas Lionore
que se non me engaño vexo
por riba disa mesota
*
as orellas a un conexo.

Leonor toda asustada
quixo tapar deseguida
pegou un salto pra atrase
caíu de pernas pra riba.

Saturno subiu pra riba
pra xunto da costureira
acelerado de risa
por aquela escaleira.

Vállate o demo Saturno
quen che botara na cara
un bon chorro de auga quente
pra que che a vista cansara.

Non te enfades Lionore
porque as pernas che mirei
xa sei que as tes gordiñas
contigo me casarei.

Pois en canto estea solteira
ben seguro podes ter
que as orellas ó conexo
non llas has volver a ver.
Non fagas eso, muller
non teñas corazón duro
anque outro día non queiras
sácame hoxe deste apuro

Entonzas dende aquel día
foi cando entrou en calore
e o lunes de carnavale
casou coa Lionore.

Arreglaron os papeles,
**
trataron o casamento,
dentro de moi poucos días
casáronse moi contentos.

Foi aquil día da voda
un gran día de placer
e os dous, casados de novo,
deitáronse ó escurecer.

Tuveron moitos parentes
**
unha voda moi honrada
pero os casados de novo
fóronse con día a cama.

Empezaron a debuxar
**
Saturno non decía nada,
pero ela dixo tan fresca:
vai o melro na niñada.

Non veña tanto de presa
**
ven algo máis amodiño
a ver se vai a ire
parti-los ovos ó niño.

Empezaron coa faena.
Dixo a rapaza asustada:
non brinques tanto Saturno
que vamos rompe-la cama.

Non te asustes Lionor
que o demo duda que ten,
a cama está ben segura
brinca un pouco ti tamén.

* banco longo
** outras versións
Recollido das coplas da cega de Sarria – Lugo - ano 1977.