Era unha noite
de chuvia e de frío
a que pasei
no muiño do río.

Toda contenta
empecei a cantar,
pra non ter medo
e a noite pasar.

Pun pun.

—iPetan a porta!
saio a correr:
era Merquixo,
que viña a moer.

Entramos pra dentro
e a porta cerrou,
e un bo desengaño
o probe levou.

Viña c-un conto
levado dos demos,
cousa qu-as mozas
moitas nan queremos.

O pillo decía:
—Eu quero moer
no muiño do río...
hoxe ten que ser.

—iAy, Merquixiño,
qué risa me dasl
porque s-eu quero
tí non moerás.

Que no meu muíño
non manda ninguén;
todos o queredes
porque moe ben.

-Que moe ben
dirano os tolos,
que pol-o visto
non moe pra todos.
E si ti queres,
pra min moerá
e si non queres
xa che pesará.

—Pois si me pesa
hei de pousar,
pero por ti
non penso chamar

Porque os homes cativos
eu nos podo ver,
e todos que veñen
marchan sin moer.

Pero Merquixo,
qu-é un cara dura,
veus-arrimando
i agarroum-a cintura.

Válgame Dios,
que apuro levei!
que máis adiante
xa vol-o direi.

Certo vos digo
que negra me vín
pra defenderme
d-ese galopín.

Com-eu teño xenio
logo m-enfadei,
e co aliviadoiro
no lombo lle dei.

Boteino fora
e cerreill-a porta
porque pensei
que lle daba un-ha volta.

¡Probe Merquixo!
que mal lle saleu:
levou na chepa
e máis non moeu.