![]() |
||||
Si queren oíla, ireilles contando a vida privada de Manuel do Campo. O Manuel do Campo, como era moi listo, saliu retratado nas caixas dos mistros. O Manuel do Campo, cando era pequeno, a primeira moza deixouna cun neno. E cando era novo foi tunar a Mieres, regresou prá casa con sete mulleres. E Manuel decía: eu que vou facer, que sete mulleres n-as poido atender. E morreulle unha pero el non ten pena porque aínda lle queda a media docena. Pasou algún tempo e entre unhas e outras, de fame e disgustos, morréronlle todas. Correuselle a sona do que lles facía buscou e buscou e ningunha o quería. Non poido vivir así deste xeito qu-eu a dormir solo non estou afeito. E tiña unha burra tan feita e tan linda que a considera como da familia. E dixo Manuel vou ó señor cura que si me autoriza cásome coa burra. E díxolle o cura: ¡que o demo te vexa! eu non che autorizo a burra na iglesia. Díxolle Manuel: élle a miña sorte, si non é na Iglesia cásenos na corte. Prepara o pesebre para a ceremonia |
e tés que ir vestido cunha albarda nova. Mire, señor cura, por eso non seña que non hai casado que albarda non teña. E díxolle o cura: prá cousa ir ben-he hai que preguntarlle á burra tamén-he E díxolle a burra: eso si que non, teño outro máis guapo na corte de Antón. Eu ben o conozo a ese galopín non creo que sea máis burro cá min. E díxolle a burra: non presumas tanto, si non é tan burro, tén outros encantos. Dame un bico, burra, qu-eu sei que me queres e non tou disposto a que me desprecies. Contestoulle a burra: ti que eres tan guapo, bícame, se queres, debaixo do rabo. E Manuel, celoso e cheo de furia, colleu o coitelo e matou a burra. Despois de facelo, botouse a chorar-e eu á miña burra, n-a poido olvidar-e. Adiós mina burra, miña compañeira, mañán te levaba co millo á feira. Contestoulle a burra: ¡Tócate o carallo! o millo, se queres, lévalo no carro. E a burra, de morta, regañaba os dentes, e iba decindo: ¡Adiós meus parentes! E a burra, de morta, levantaba o rabo e botaba flores pra Manuel do Campo. |
Recollido ó Sr. Ricardo Lagares Santalla de Moar Frades A Coruña - 1984