Voulles a contar un caso
que é dino de comentar
que pasou a Filomena
un día de Navidá.

De Froxán iba pró Mazo
un domingo moi contenta
porque levaba o novio
acompañándose nela.

No outo da Lanzadiña
encontrouse co enemigo
i éranche cinco mozos
que lle iban rompe-lo virgo.

Elí foi a hora triste
onde se viu apurada
que aqueles cinco salvajes
todos querian montala.

Unhos botábanlle a mao
i autros decían: deitala
i a pobre da Filomena
gritaba desesperada.

Como cinco lobos fieros
seguían botándos’ela
ela caio por baixo
i o Adán por riba dela.

O Adán era home blanco
porque era o máis creminal
foi o que lle rompeu as bragas
aquel cara d'animal.

Os outros cuatro eran novos
e axudábanlle a agarrala
como eran máis pequenos
non puderon sujetala.

Escapóuselles das maus
non a puderon vencer
botaron todos tras dela
non a puderon coller.

Logo agarráronlle a roupa
que nun paquete levaba
facendo que lla levaban
pra ver s’esí a pillaban.

Ela iba delixente
podíache correr ben
que solo levaba o viso
ión cachino de sostén.

Eu non sei que parecía
ver aquel día na serra
a Filomena desnuda
ios puchinos detrás dela.

Vaia caso más chocante
qu’é dino de comentar
que parecían as perras
qu’están sen cevelizar.

Ai Filomena querida
que co susto que levou
empezou a correr na serra
i-asta o Mazo non parou.

E cando chegou ó Mazo
chegouche toda asustada
e todos lle preguntaban
que fora o que lle pasara.

Ela contándolle todo
dándolle ben os detalles
e d'elí outro día
a Folgoso a dar parte.

Ó outro día siguiente
Acompañada da tía
Marcháronse a Folgoso
a dar parte enseguida.

Os guardias lle perguntaron
que fora que lle fixeran
dixo que non o sabía
pero algo que lle meteran.

Chamáronos ó cuartel
e do cuartel ó xusgado
i o que non iba chorando
iba medio desmaiado.

O comandante lle dixo:
este asunto hai que arreglalo
díanlle tres mil pesetas
io asunto terminado.

Recollido a José e Álvaro Veloso de Forgas – P. De Brollón – Lugo – 1989.