Meus queridos compañeiros
tede un rato de pacencia
que hoxe que estamos xuntos
darei unha conferencia.
Este ano non predicaba
e estuveron suplicando
e aquí por culpa vosa
sempre hai que estar berrando.
Pero eu vivía aquí na aldea
un día marchei enfadado,
aló pra Valladolid
pra Colegio de Santiago.
Mais estudiei de seguida
quizá non mo creis a min
xa ……… un plano
e ………………….
Fareivos grandes milagros,
será unha milagrada,
xuntarei o río da vila
con o Souto da Cernada.
De xuntado un co outro,
parcerá o Río Miño,
e despois a auga que leve
convertiréivola en viño.
O facer da auga viño
é unha cousa competente,
emborracha ós muiñeiros
e que os leve a creciente.
Dos oficios non vos falo
xa vos falei outros anos,
e non sendo ós muiñeiros
anque volos teña aducados.
Ai, pero os muiñeiros
évos moi mala canalla,
por moito que lles padrique
non poido conseguir nada.
E ¿que concencia é a vosa,
grandiosísimos chupós?
Ai, que inferno vos espera
canallas, pillos, ladrós.
Do taberneiro de Castro
teño que dar moitas queixas,
que lle bota máis auga ó vino
que vai polo Río das Eixas.
Esos, ladrós sonvos moito,
pero xa teñen a fama
compran pola gallega
venden pola castellana.
E están os dos cafés
eso é o que o demo descurra,
que vos poñen un café
parcen mexos dunha burra.
Os das casas de comidas
non teño porque deixalos
que vos poñen de comer
os ósos todos mondados.
Sirvientas e cociñeiras"
todo é unha porquería
cando non lavan os pratos
iesas por non traballar,
danos e lamben os gatos!.
E están os faroleiros………
………………………………
Dos tratantes de ganado
teño que falar amodo
teño algunhos ó redor
pódenme mandar un coio.
Pero pídolles permiso:
pra decir dúas palabras
todos chufan que son boas
anque estean ben dañadas.
Así vos fan os tratantes
Moito saben engañar,
...................... postas
e aínda non saben gradar
E pra meterme cos besteiros
que hai moitos nesta terra
venden as bestas por leiros
e non ves palma de terra.
O pobre do labrador
ten miles de ejemplares,
que traballa dia e noite
e sobre todo ...............
Se ceban un par de cochos
señan ruís ou señan bos
quedades cos touciños
e vendede-los os xamós.
Así que crían un xato,
véndeno pra Barcelona
non probais siquiera a carne
criádela pra que outro a coma.
Agora na primavera
crían niñadas de pitos
tamén con eles prá feira
pra manter a señoritos.
Hai quen ten ducias de pitas
e non come nin un ovo,
vendedes todo o mellor,
comen ……… pra logo.
Hai muitos homes casados
eu conozo máis de catro,
que se enfadan coa muller
cando non teñen tabaco.
Hai muitas mulleres casadas
amigas de criticar
que arman contos e mentiras
mentras han de traballar.
Coas mociñas de hoxe en dia,
dánme muito que pensar,
todas andan a capricho
a cal máis se ha de pintar.
Dánlle á cara polvos brancos
e ós labios colorote
e despois pintan as cexas
cun pouco de chapapote.
Non lles direi máis ás rapazas
que se me van enfadar,
direilles ós rapaces
ialgo lles ha de tocar!.
Tódolos mozos solteiros
que andades de noite ás rapazas
tédes mui mala costumbre
de subir polas ventanas.
Con eso tede cuidado,
que xa non é o pirmeiro
que chaman pola rapaza
e sale o pai cun fungueiro.
Voulles dar as gracias ós músicos
que me foron a salir,
xa hai dúas horas que esperan
por ver si me vian vir.
Tocai as tocatas largas
pra contentar a este pueblo
dirán tódalas mociñas
mirad que padre tan bueno!.
(Castro de Ribeiras do Lea, Lugo).