Alá cando era bon mozo,
tiña doce anos cumplidos,
fun ver unha nena guapa
filla do Xan dos Despidos.

Levaba un pau tan largo
coma o timón dun arado
e unhas zocas chinelas,
fumando nun gran cigarro.

Emprendín as boas noites,
sale o can moi apurado,
rompeume o calzón de estrena
e mais tiroume deitado.

Levántase a ama da casa,
ai que can máis condanado
que me bateu nas costelas,
que me deixou desmaiado.

E díxolle o señor Xan:
*
é bon milagro, muller,
que este can éche escolleito,
mal carne non val pra comer.

A rapaza non estaba,
disque iba nun viaxiño,
eu salín pra esperala
ó alboio dun veciño.
Saliume outro can tan feo
como a cabeza dun sapo,
arrastroume pola lama
igual que se fora un sapo
**.

Desque o can ladraba tanto***
salen todos os veciños,
con fungueiros, paus e fouces,
e as mulleres con fouciños.

Desde que vin tanta xente
tirei cas zocas chinelas,
e pra que non me pillaran,
din máis sebo ás canelas.

Cuando chego á miña casa,
miña mai deume boas sopas,
cantoume as corenta en bastos
e ademais as vinte en copas.

Meu pai que estaba presente
pra me calentar as moas,
deume sete bofetadas,
iencima de mel, filloas!

Iba polo cuarto adiante,
iba medio condenado
rabeoso coma un can
polas que tiña levado.
Recollido ó Sr. Florencio, o cego dos Vilares - 1978
Variante recollida a, Alsira Vilar Penas - 65 anos - Fixó de Millerada - Forcarei- 1983.

* Saleu a ama pra fóra / foiche un bo milagro, home / este can é escollido /carne mala non a come.
** trapo
*** Como os cas ladraban tanto/ salen tódolos veciños/ con colmeiros, paus e fouces/ e as mulleres con anciños.