Eu creio que será certo
o que lin nunha revista
que os millores industriales
salen da terra da chispa.

Por toda a región gallega
por calquer sitio que queira
sempre se oien ós de Ourense
voceando desta maneira.

¡Afiador e paragüero!
arrejlo fuentes e platos
compro caldeiros de cobre
gomas vellas e farrapos.

Pero os que arreglan paraguas
sartenes e porcelanas
tamén tenen a costumbre
de sobir polas ventanas.

Mina irmá tiña unha filla
dunhos vinte anos e pico
non a deixaba ter novio
a non ser que fora un rico.

Ela ben o merecía
que era unha moza elegante
tiña unha casa moi feita
e un bon lameiro por diante.

Como se fora un castigo
ou o diaño que a tentou
que un paragüeiro de Ourense
con sencillez a engañou.

Pra poder estar con ela
sobía pola ventana aló pola media noite
cando xa estaba na cama.

O pouco tempo a rapaza
sentíase moi maliña
e eu mesmo lle fun buscar
ó médico da veiguina.

Deulle fregas á barriga
púxolle indiciós de suero
hastra que notou que tiña
principio dun paragüero.

Mina irmá e meu cuñado
ó saber ó contenido
empezaron a gritar
que aquelo era un alarido.

Mais eu funnos contemplando
que o chorar é perder tempo
chamamos ó paragüero
e tratouse o casamento.

Pero agora o condenado
non se quere sujetar
sempre lles di ás veciñas
¿tedes algo que arreglar?

Algunhas non lle fan caso
pero outras vannos buscar
facendo coma que teñen
un clavo pra remachar.

Dice a maestra do pueblo
que é unha persoa lista
non vos hai peor canalla
que eses da terra da chispa.

Recollido das coplas da cega de Sarria – Lugo - ano 1977.