|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xosé Mª García Rodríguez
|
|
|
De Lonxe e Estraño
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
Naceu en Muros no ano 1912. Estudiou Dereito e ingresou na carreira xudicial en 1936. Mais talvez a causa de certas interquinencias politicas e certa xorda esquiveza perante o réxime ou algún dos seus persoeiros, en 1945 emigrou á República Dominicana, onde foi chanceler do Consulado Xeral de España ata 1963, ano en que pasou co mesmo cargo a Puerto Rico.
É autor de varios estudios históricos puntuais e delgunhas biografÍas, e neste mesmo eido de interese tamén practicou a novela histórica. |
|
A obra poética galega de Garcia Rodriguez é moi serodia. En 1970 publicou seu primeiro libro, Tambre, ó que seguiu tres anos despois Rio Tambre, e logo Poemas da morte do guerrilleiro e do vello das brancas guedellas (1976).
Brasil: historia, xente e samba canción (1977), Unha monxa portuguesa: sonetos do seu amor (1979), e Os mártires de Carral (1982).
A figura literaria de García Rodríguez é estraña e desconcertante. Dentro da súa poesia propiamente lirica hai momentos afortunados ó carón doutros bastante anódinos. Pero onde máis interesa é nos seus poemas épicos, nos que emprega un verso podente e sonoro que parece fillo do modernismo rubeniano, pero quizabas tamén de Victor Hugo e dos parnasianos, e desde logo do noso vello Camoens e do Mester de Clerecía. |
|
|
CANTAR DE AMIGO
|
|
|
|
|
|
Lavéi meus cabelos
nas augas do Tambre
e a lúa mollaba
nas ondas seus raios.
Chiscóume seus ollos
luceiro bonito.
¡Oué belo é bañarse
de noíte no rio!
Nos xuncos da orela
xílgaros cantaban,
os chios máis doces
ao seu amor daban.
Chegóu meu amigo
a quen moito quero,
fiquéi dormídiña
antre os seus apertos.
Logo despertéi ,
e vin que soñara.
O luar tristoño
nas auges brilaba.
¡Quedéi sen amigo,
luceiros e aves,
lavando cabelos
nas augas do Tambre!.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|