Xesús Rábade Paredes
Un feitío clásico
Naceu en Seixas, na Terra Cha, o ano 1949. Licenciouse en Filosofía e Letras no 1977. Traballou como redactor na Gran Enciclopedia Gallega, e como profesor no Instituto Xelmírez de Santiago. Colabora en diversas publicacións, entre as cales poden citarse Grial, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Nueva Estafeta e El Correo Gallego. Realizou varias traduccións doutras linguas ó galego, e tamén do galego ó castelán. Ademais de poeta, é coñecido como narrador, desde que no 1974 publicara A terra prometida, e como tal recibiu o Premio Alvaro Cunqueiro pola novela Branca de Loboso. Ten publicado tamén textos para o ensino, como Literatura , século XX, para uso dos estudiantes de COU, e asemade obras destinadas a un público infantil, algunhas
veces en colaboración coa súa dona, Helena Villar Xaneiro. Recuperar a voz (1991) recolle algúns dos seus traballos breves centrados na problemática actual da lingua galega.
O seu primeiro libro de poesía é Xuntos cara ó mañán (1969). Despois viñeron O sangue na paisaxe (1980), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Encoro de silencio (1991) e Mans coma uva. Premio Esquio 1993 cun poemario titulado Poldros de música.
De Rábade Paredes tense dito que «é dono dunha palabra poética fonda e , sobria, presidida pola contención e apaixonada en ocasións. A esto hai que engadir o dominio versificatorio, o seu pleno acerto no soneto e a traballada perfección da linguaxe».
CASTELAO, IN MEMORIAM
Guisiro deste barco nun mar de tebra espasa.
Agromar axexante na campa dos mortiños.
Alentar debecente nun país de atoutiños.
Esculcador da vida. Facho de chama acesa.

Arreguizante verbo, forxador donha empresa
apulante na noíte de galegos camiños:

Contra os hames traidores, contra os medios homiños,
contra a troca

Castelao, facho ergueito na noíte tebregosa;
vento e terra no peito camiñando pre algures.
Alma e corpo do pobo, man aberta que amosa.

Berraréi o teu nome pra que nos peitos fures,
pra que digas de novo no vento: A terra é Nosa.
Pra que o timón da patria deixe o mar de ningures.