|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tomás Barros
|
|
|
Anguria metafísica
|
|
|
|
Naceu en Toledo no ano 1922, dunha familia galega que regresou poucos anos despois a Ferrol, onde Tomás fixo Maxisterio. Despois duns anos como mestre, estudiou na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, e desempeñou desde 1958 a cátedra de debuxo na Escola de Maxisterio da Coruña. Morreu en 1986.
Case aìnda máis cá literatura, foi a pintura importante actividade de Tomás Barros. A súa obra pictórica atravesou por varias etapas evolutivas, e foi apreciada non só en Galicia senón tamén no estranxeiro, onde fixo varias exposicións. |
|
 |
|
A súa primeira poesìa foi escrita en castelán, e estivo vencellado a un grupo de poetas ferroláns nesta lingua, cos que fundou a revista Aturuxo. Máis tarde codirixiría outra revista, Nordés, esta xa galega e monolingüe
.O seu primeiro libro no noso idioma foi Berro diante da morte, editado no ano 1963, ó que lle seguiu Abraio no 1978. Vieiro de señardade, seria publicado en 1987. Tamén fixo ensaio e obra crítica, tanto de literatura como de pintura, e escribiu algunhas obras de teatro.
Sobre Tomás Barros di Fernández del Riego: «A súa obra lírica en galego revela a un autor de fondo desacougo filosófico, apreixado por anguriosos problemas e ancorado nunha estética visionaria. Os seus versos, dunha dura e sombria beleza, contan antre os máis representativos da súa xeneración». |
|
|
ESTABAN FACENDO UN BARCO
|
|
|
|
|
ESTABAN FACENDO un barco.
Un ía serrando as táboas.
Estranas cordas, do ceo,
penduraban
silandeiras.
Habia unha chimenea
pra fumegar no horizonte,
e un esperto miradoiro
ao sol.
Alguén subía e baixaba
as escaleiras.
Outro, dentro dunha onda,
alombado,
marteleaba sen acougo.
Nubens, montañas, arredor,
ao lonxe,
ían e viñan, ao longo daquelas maus,
pola borda.
Medraba sobor da area
unha sombra
como aza de misterio.
O can deitábase adoito.
Xuntáronse os brazos todos,
un intre.
O barco xa era unha fror
e as augas unha esperanza.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |