Salvador García-Bodaño
Sobrio, contido, límpido
Naceu en Teis, Vigo, o ano 1935, e reside desde moi novo en Compostela. Sendo estudiante, gañou entre o 59 e o 63 premios nas Festas Minervais, aínda que non publicou o seu primeiro libro, Ao pé de cada hora, ata 1967. Foi fundador da Agrupación Cultural "O Galo" e tomou parte en moitas iniciativas culturais e políticas galeguistas: Escola Aberta, Pedrón de Ouro, Museo do Pobo Galego, Partido Socialista Galego... No 1988 foille outorgado o Premio de Creación Cultural da Xunta de Galicia, e tamén obtivera o Premio da
Critica polo libro Tempo de Compostela, publicado en 1979. Ainda que cursou estudios de dereito, gañou sempre a vida como comerciante na cidade vella compostelá.
Moita da obra de Garcia Bodaño é primeiro coñecida a través de revistas literarias. No ano 1992 iniciouse con notable fortuna na narrativa co libro de contos Os misterios de Monsieur D'Allier.A obra poética de Garcia
GALICIA
Galicia é esto que vaí en nós
e que nos leva,
camiño aberto nos sulcos
onde todo é por vir e non chega...

Galicia ferida en sono e sombra,
Galicia enteira
coma un morto baixo unha albre soterrado
onde todo dume e non esperta.

Galicia do mar e da curtiña,
Galicia miserenta,
chan de ledicia queixumosa
onde a fame se enche de pacencia.

Galicia do si, do non e do quén sabe,
duda inmensa
a falar sempre o que lle mandan
sin decir o que pensa.

Cándo
Galicia verdadeira?

I eiquí, sin máis,
esgázase o meu poema...