Manuel María
Enorme multiforme, grande río
Naceu nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, cerca de Lugo. Nesta cidade residiu durante o seu Bacharelato en cas dun tio cura, e frecuentou a amizade de Pimentel, Ánxel Johán e Ánxel Fole. Non rematou os iniciados estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado instalouse en Monforte de Lemos, onde traballou como procurador dos tribunais mentres a súa dona, Saleta, rexía a Libreria Xistral. Na súa activisima vida como militante politico e cultural, dirixíu a Colección "Val de Lemos" de poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos que el apoiou xenerosamente. Alén deso, é incansable colaborador de prensa, e
recita e dicta conferencias sen acougo en todos os moitisimos sitios que é chamado, en Galicia e no exterior. Premiadisimo na súa mocedade en certames poéticos, é tamén narrador, ensaista e dramaturgo, e dono dunha faiscante conversación que unha prodixiosa memoria para xentes, lugares e, cousas fai inesgotable.
Na actualidade, xubilado como procurador, reside coa súa dona na cidade de A Coruña.

Foi o primeiro posta mozo que editou un libro despois da Guerra Civil, o Muirieiro de brétemas, no 1950. Desde aquela, perto de medio cento de libros compoñen a súa obra poética, a máis extensa da nosa Literatura.

A inmensa obra de Manuel Maria resiste toda definición breve pola grande variedade da súa musa, que vai desde o intimista ó rabiosamente político, desde a cantiga popular ó soneto ou ó verso avangardista. Algunha critica pitoña e avara céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, mais que de ningún xeito deben facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas galegos de todos os tempos.
FÁBULA DA TABERNA CON MORALEXA O REMATE
Non: o mundo non se amaña nin goberna
sin taberna,
onde un está perna sobre perna,
sin andar camiño,
bebendo despaciño
o seu neto de viño,
falando cos amigos de vagar
do molto que hai que traballar
e do pouco que se logra colleitar.
Na taberna o tempo pasa decontado
profundando do nado e do non nado,
botando un subastado
lembrando os tempos de antes,
ós persoaxes importantes,
ós tunantes
e máis ós emigrantes.
Á taberna non se vai soio a beber:
vaise por lecer
e tamén a esquencer.
A taberna é a casa común
de cada un
onde todo é conforme i asegún.
A taberna é unha universidade
na que a xente se forma de verdade:
quen máis bebe ten máis autoridade.
Na taberna atópase o bo viño do Ribeiro
que é o compañeiro
máis leal e sinceiro.
Se queres conservar a saúde forte e rexa
escoita esta pequena moralexa:
"O mellor bebedor é o que máis mexa.
Pra meditar verdades eternas,
mentras termen de ti as pernas,
pilla os camiños que levan ás tabernas".