Luís Seoane
A Emigración por dentro
Naceu en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos, no ano 1910. Retornado a Galicia, estudiou o Bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago, onde foi destacado militante politico e cultural. Exerceu de avogado laboralista e foi membro do Partido Galeguista. En 1937 volveu, exiliado, ó seu Buenos Aires natal, onde foi activísimo animador das empresas culturais do exterior e do interior. En 1964 manifestou o seu apoio á fundación da UPG. Nas súas últimas décadas de vida, aínda radicado en América, fixo longas viaxes a Galicia. Morreu en 1979.

Seoane foi un dos máis grandes artistas gráficos galegos de todos os tempos: a pintura, o gravado, o debuxo, de seño industrial, son facetas dunha activida-de universal que deixou marcas indelebles
non só en Galicia, senón tamén na Arxentina, onde creou escola como deseñador de libros. O noso compatriota imítalles a aqueles grandes artistas do Renacemento, coma tal Miguel Anxo.
E, coma Miguel Anxo, Seoane foi tamén poeta, un poeta bronco e serodio.
En 1952 publicou Fardel de Eisiliado, ós que seguirían Na brétema Sant (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). Dous anos antes de morrer editouse a súa Obra poética enteira.

É un poeta épico máis ca lirico. O protagonista dos seus libros é o pobo galego, e nomeadamente o pobo da díáspora. Méndez Ferrín di que a súa é «unha poesía dirixida a configurar a conciencia histórica e social dun pobo asoballado. (...) ...a súa dicción é ríspida, monótona, pouco matizada e pouco dúctil. Usa dun verso libre brusco e xoto
BASALO GOMEZ EMIGRANTE, VIVE NUN CANO
O home vive nun cano..
Ten 64 anos e vive nun cano.
Xosé Manoel Basalo Gómez
o home que vive nun cano
que ten de medida dous metros e
meio de longo
por un metro quince de diámetro.
Un cano de cemento.
Basalo Gómez escolleu ese cano
na praza Libertade
no centro da cidade.
Ali vive. Trouxeron a noticia os
xornáes,
e a fotografía. Ten unha faciana
grega,
mais é de Ourense
de Seoane da cima, di él.

Vive nun cano
igoal que Dióxenes vivia nun tonel.
Foi tipógrafo. Ten 64 anos.
É un home moi limpo, ergueito,
grande calveza na testa, coidadas
barbas canas.
Semella roxo mais nono é.
Padece ataques de amnesia, de
reuma, etc.;
veu a Buenos Aires a acompañar
unha irmá abandoada.
En 1928.
Ouedóuse eiquí. Fíxose tipógrafo.
De vello, xa enfermo, foi sereno.
Ten en trámite unha xubilación.
Tamén espera que o repatríen:

un emigrante-.
Non quere depender de ninguén,
ten sobriños, béns en Ourense,
ten de ir a facer as partixas,
mais mentras tanto vive soio,
nun carro.
Durme enriba de cartós e panos
no interior do cano.
Cubriú de madeira e sarapilleiras
as entradas do cano.
De dia cando fai sol
séntase nun tallo xunto o cano
ate que os obreiros de Obras
Púbricas
lle asaquen o cano.
Ergueito, as mans sobor os
xionllos,
mantén a ollada lonxe, os ollos
fixos.
Ten de ser así.
Non quere vivir con ninguén,
somentes soio, teimado, no cano.

Esta noticia é do 26 de setembro
de 1972:
?O home que vive nun cano?