Celso Emilio Ferreiro
Mestre Guieiro e Símbolo
Naceu en Celanova en 1913, nunha familia de comerciantes de forte arraigo rural. Estudiou o Bacharelato nos Escolapios de Celanova, e desde a primeira mocedade empeza as súas actividades culturais e politicas, moi vencellado co tamén celanovés Xosé Velo Mosquera, o futuro glorioso combatente antifascista que había de planificar o secuestro do transatlántico Santa Maria. Foi secretario de organización da Federación de Mocedades Galeguistas, da que Velo era presidente, e colaborou na prensa de partido. En 1936 foi forzosamente mobilizado polo exército sedicioso, e despois da guerra exerceu a docencia privada en Celanova (era mestre nacional. Sobre o 42 empezou a traballar como administrativo en Pontevedra, e no 49 trasladouse a Vigo, onde exerceu de procurador. En 1984 participou
na fundación da UPG, e en 1966 emigrou a Venezuela, onde exerceu gran actvidade dentro da colectividade galega, trabando duros combates contra as posicións reaccionarias.
En 1973 volveu de América, pero non puido quedar en Galicia. En Madrid foi redactor dunha revista médica e dirixiu as actividades culturais do Ateneo relacionadas con Galicia. Morreu en Vigo no ano 1979, e o seu corpo descansa na Celanova natal.

Á parte delgunha entrega xuvenil, os seus libros esenciais son O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra (1962), Terra de ningures (1969), Viaxe ao pais dos ananos (1972), Cimeterio privado (1973) e Onde o mundo se chama Celanova (1975'j. Con diversos pseudónimos publicou violentísimos poemas satíricos dunha beleza aspérrima e asombrosa.

Celso Emilio Ferreiro, bandeira e adaíl poético no combate contra a dictadura, foi rexeitado despois pola estupidez consuetudinaria de certa critica ou pola imbecilidade circunstancial dalgún alucinado. Pero pasa o tempo, e a súa obra permanece coma unha das máis grandes das nosas letras, nas que unicamente admite comparanza con poetas da estatura de Curros, Rosalia ou Pondal.

DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
nan falo pra os ruis e poderosos,
nan falo pra os finchados,
nan falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...