Alfredo Conde
Vellos poemas dun novelista
Naceu en Allariz o ano 1945. Foi mariño mercante e profesor ata a súa dedicación profesional á politica, como deputado no Parlamento Galego. Durante o chamado Goberno Tripartito foi, dentro da fracción gobernamental do PSdeG.

Alfredo Conde é narrador. A súa actividade poética é puramente xuvenil, anterior ós vinte anos, ainda que no ano 93 se estreou unha Cantata Xacobea con letra súa dentro dos fastos oficiais do Ano Santo Compostelán. Como narrador ten conseguido notables éxitos, salientadamente o premio Blanco. Outras obras súas son Mementos de vivos, O Contubernio, Come e bebe que o barco é do amo, Breixo, Memoria de Noa e Música Sacra.

Ademais do seu intenso labor narrativo, Alfredo Conde practica o columnismo diario nun xornal galego de grande difusión, elabora guións televisivos e fai diversos traballos laterais á literatura, sendo considerado en certo xeito o máis profesional dos escritores galegos actuais.
O seu único libro de poemas publicado, Mencer de lúas (1974), está distante en méritos da súa obra narrativa. Ainda asi, Alfredo Conde é moi representativo de certo facer poesía "case por obriga" naqueles anos, que eran precisamente os da Nova Canción Galega, en cuxo nacemento e andanzas tivo bastante que ver.
Home de mar, mariñeiro;
labrego do azur.
Home sin tempo, poeta.

Vieiros infindos os teus
que levan a inconcruir as cousas,
...soños os tous absolutos.

Vivir asulagado o teu
dun azur infindo e de saudade.

Lembranza e espranza
principio e fin das túas cousas,
... soños os teus absolutos.

Home de mar, mariñeiro;
labrego do azur.
Home sin tempo, poeta.