O paso da Virxe e o Neno por Portomarín
ortomarín foi unha vila preciosa. Bonita en verdade. Instalada á beira do Gran Río de Galicia, do Pai Miño. Tiña a fermosura do sinxelo, que por sinxelo era tan harmónico, tan perfecto,... e tan difícil de acadar e arremedar voluntariamente.
Era un pobo da ribeira do río, coas súas casas de pedra do país ás dúas marxes. Tellados de lousado e os cerrados das hortas e fincas delimitaban o espacio vital daquelas xentes coma codechas de pan para comer.

Tiñan unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que a recreou lentamente como singular e única.

Pois ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar.

E a carón da Capela de Santa Mariña, que segundo as crónicas xa era un pequeno mosteiro de monxas no século IX, había un ponco "río arriba" un longo treito de Río Miño -máis ou menos un quilómetro- onde as angas sempre van mainiñas, gardando un silencio sosegado. E tamén, uns grandes penedos que semellan botarse no río para gañar o retiro pacífico de tantos anos, parecen querer gardarse baixo as augas, despois de exercer de inmóbiles pedras, inspiradoras de lendas e contos de mouras e cristiáns, de "cestas de ouro", de tesouros agachados, etc.

Pois ben nese mesmo lugar había unha peneda que xa estaba entre as angas metida e que ten a súa lenda.

A metade da peneda estaba cuberta pola auga e a outra metade fóra. Nunca desaparecía da vista dos que por alí andaban anque houbera secas importantes .ou grandes enchentes. Alí estaba como mostra de .veracidade do que vos vou contar:

María,' San Xosé e mais O Neno estiveron en Galicia fuxindo de Herodes. A Virxe levaba ó neno durmidiño no colo. San Xosé tiraba pola corda do burro no que ían María co Neno en brazos.

Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río Miño, os tres quixeron cruzar. As augas facían moito ruído ó pasaren entre os penedos e os cachóns, porque estes imprimíanlle aínda máis velocidade.
María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo:

- Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño.
Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño".

-E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel tramo do seu curso en contraste cos cachóns que hai catro ou cinco quilómetros máis abaixo.

Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia pasou o río sen problemas e que O Neno non espertou. Naquela peneda do río aínda está a pasada do burro cando, para facer pé, pousou alí unha pata.

Por desgracia, hoxe todo está cuberto polas augas do Encoro de Belesar que asolagaron tantas realidades vivas, tan só queda o recordo e tantas lendas e soños como esta que eu vos acabo de contar.

Mero. Reelaboración da lenda que me contou. moi ben contada, o meu amigo e coñecedor da cultura tradicional D. Xesús Mato e Mato.