A Santa Compaña e o requerimento do hábito
outros tempos, ¡cantos nenos se durmiron co temor das meigas!. E moitos pais para acalar ós fillos de noite, cando eran rapaces, e ían para a cama, dicíanlles mirando pola ventá:
- ¡Calade a boca e durmide, que xa están as meigas bailando no Campo da Grueira! (en Castro de Ribeiras do Lea).

O certo é que ata chegaban a ver luces aló no Monte da Grueira e con aquela sospeita e algúns ruídos que sentían nas ventás (polo bater do aire ou porque .algún deles mesmo o facían no piso), os nenos agradecían a caloriña da cama e buscaban xeito de durmir coa cabeza ben tapada entre as mantas para non imaxinar aquelas cousas. Algúns, sen querer, pensaban nas luces e noutras cousas como a Santa Compaña e as procesións das ánimas.

Esa procesión nocturna de luces das ánimas, chamada tamén estadea ou "cirio de cada alma" que sae polos camiños despois das doce da noite figura o presaxio da morte de alguén que está ou non enfermo e que se ve, en realidade ou en soños, coa estadea -con toda aquela xente- levándoo cara ó cemiterio. Ese era o sinal, e anunciaba que ó día seguinte morrería.

Hai quen af1rma que a estadea enche a casa do .anunciado de xente que acompaña ó enfermo xa morto na caixa, como unha escenif1cación previa do seu mesmo enterro.
Cando o que morría tiña moitos danos feitos, debía volver desde o outro mundo a este para reparar aquel mal grave ou irreparable, xa que sen obter a súa dispensa, non lle permitían entrar no purgatorio ou no ceo. Entonces ese ser viña e aparecíase nos camiños de noite pedíndolle ós homes e mulleres ós que faltara, e senón ó primeiro que pasaba e requería.

"Requirir" é cumprir as promesas ou votos, incluso reparar danos do defunto por mediación dun vivo que se compromete a botar esas misas que prometera en vida, asistir un xuramento non cumprido, restablecer un marco ou testigo das dimensións das f1ncas ó seu sitio e moitas outras veces mandábanlles ofrecer unhas misas ou outros actos relixiosos para poderen entrar no ceo.

Sen o cumprimento da promesa feita ou sen que lle "racharan o hábito" non podían saír da súa pena eterna. A explicación era que antes enterraban á xente cunha bata ou "hábitos" cerrados. Os hábitos eran para entraren no ceo ou no purgatorio, pero eses mesmos hábitos impedían facelo si quedaba algunha culpa pendente. Era entonces cando se aparecían ós vivos e ¡claro!, estes asustábanse e non tiñan carraxe a se lles opoñer ou facer fronte,... moitos nin sequera podían articular unha fala.

O normal, despois do primeiro encontro, era ir ó cura e pregunta un seu consello:

- Tedes que arrepoñervos a el, é dicir, tedes que requerilo. Para iso fas cun pao un círculo na terra e outro no ceo -espacio que te ampara- e tamén unha cruz - signo que te protexe- e ráchaslle as vestiduras (o hábito), co fouciño o coa navalla, que é o que el quere para así poder saír desa pena que o atormenta. E tes que lle dicir estas palabras -manifestaba o crego-:

- "Alma perdida, ¿que vés buscar a esta vida?".
- Así dito, el contarache o que lle tes que facer e daquelas xa desaparece e si llo fas, xa nunca volverás a te atopar con el.

As xentes por aquel entonces andaban atemorizadas e falábase moito desas cousas e algúns de nós acordamos cando despois das misas, nas igrexas, os curas prolongaban a misa para facer uns rezos que impedían ou protexían destas aparicións. Dicían que era ordenado polo Papa para evitar tantos sobresaltos de terror que estes feitos producían.

Mero. Recollido ó mou pai (de Duarria) e ó Sr. Rafoel 5uárez. Olas (Mesfa). A Coruña.