A Sabeliña
in que unha nena, a Sabeliña, ía cos porcos a .un prado que está xunto ó Castelo dos Mouros. Pero estes aínda andaban por alí, entonces saíu unha moura e ofreceulle un bonito vestido.
A Sabeliña aceptouno porque era moi feitiño. Cando o colleu, a moura advertiulle:

- Disto non debes dicir nada a ninguén. Nin sequera á túa nai. Ninguén debe saber que cho regalou. Mira que eu hei ir escoitar por detrás da porta e si o fas, ...xa verás o que che pasa.

A nena marchou contenta como un caravel. Chegou á casa leda co seu regalo, pero a nai ó ver aquel vestido tan bo preguntou por el á nena.

- E ese vestido que traes ¿de onde o sacaches?.

- Mamaíña, non cho podo dicir. Prometín non dicir quen mo dera.

- Ai, Sabeliña. As cousas non che son así. ¡Se non queres levar unhas azoutas, débesmo contar!

Ante as ameazas da nai, a nena, non tivo máis remedio que falar:

- Foi unha moura do Castelo dos Mouros. Pero eu díxenlle que non o había dicir a ninguén, e agora...

Ó outro día, cando foi de novo ó prado cos porcos, apareceulle a moura e colléndoa, levouna ó castelo e botouna nunha caldeira grandísima que dentro tiña aceite fervendo.
Xa de noite a nai berraba por ela:

- ¡¡¡Sabeliña!!! ¡¡¡Sabeliña!!!
-
E a moura contestaba:
- Sabeliña, Sabelón, derretida no aceitón.

Mero, reelaborada donha lenda que me contou D. Xesús Mata.