O rei larpeiro e as cereixas
abía unha vez un Rei que tiña moitos dominios e era moi rico. Vivía coa súa familia nun grande castelo e gustaba de se aconsellar polos máis vellos do lugar para, así, facer ben as cousas e ser eficiente cos problemas que se llé presentaban.
Nunha ocasión quixo resolver un problema pro-pio pero sen a axuda prudente do senado, que eran os máis vellos e que tiñan a experiencia dos anos.

O Rei era moi larpeiro. Gustaba de comer moita froita, sobre todo cereixas. Para satisfacelo e encherlle a barriga había que llas ir buscar, moitas veces, a outras terras onde as honbera.

Un día, a principios do verán, reparou que na súa mesa non había cereixas. Chamou polos criados e preguntoulles por que non as tiña, sabendo que era o seu postre preferido.

O criado contestou que non fora un ano de moi- tas cereixas. Que viñeran días malos e moita seca e que por riba os paxaros tamén comeran das árbores as poucas que quedaban.

O Rei enfadado levantou da mesa e foi mirar para comprobar se eran certas as palabras do criado.
De volta ó pazo e sen pedir opinión de ninguén, cha- mou ós seus súbditos e díxolles:
- Quero e ordeno que a partir de mañá se prepa-re a terra e se organice unha boa plantación de cerdei-ras en toda a leira que hai á beira do río. O Conde Ledo será o responsable de que esa plantación garanta os meus desexos de cereixas, polo tanto cómpre seleccio-nar das mellores clases e que haxa daquelas que xa dan froito pola primavera, no comezo do verán e despois teñan rendemento ata a chegada do inverno. ¡Non soporto outro verán sen cereixas!.

O Conde Ledo era moi medoñento ás ordes do Rei e fixo traballar duro ós vasalos. Prepararon a terra debidamente. Noite e día botaron traballando arreo na-quela grande extensión. Plantando cerdeiras de canta clase coñecían e que renderan moita froita secuenciada ó longo de todo o verán.
O Rei ía visitar aqueles labores e dispuxo ade-mais que se tivera previsto un sistema de regadío que asegurase o pronto crecemento e proveito daquel anto-llo real.
Mentres tanto o seu senado non podía dar creto ás decisións do seu amo e señor. Os vellos considera- ban aquilo como unha vinganza á Natureza, pois sabí-an que sendo esta tan sabida, podía haber anos en que as colleitas -pese a ser para O Rei- se perdesen pola cli-matoloxía adversa, polas pragas e pestes, pola seca, etc.
Pero O Rei non chamou por eles nin quixo saber da súa venerable experiencia.
Cando pasou o tempo, O Rei viu como as súas terras tiñan de todo pero maiormente cerdoiras en flor.
Sentía unha grande satisfacción, pois unha decisión persoal, servira para corrixir insuficiencias e demos- trar unha resolta disposición diante dos problemas.
As cerdeiras estaban moi bonitas, chegaba xa o tempo de ir madurecendo o preciado manxar do Rei.
Pero, ó mirar atentamente por riba da plantación, víase tamén unha nube de paxaros distintos agardando, ta-mén, comer nas cereixas.
O rei non daba creto ó que vía. Quedou obser-vando mentres algúns paxariños levaban xa as primei-ras cereixas do ano. Enfadouse coma nunca se vira, moitísimo. Berrou e maldeciu ós seus criados e con-vocou con urxencia a tódolos labregos e campesiños do arredor para lles propoñer unha recompensa por cada paxaro ou ave que fixeran desaparecer mesmo coa morte.
Os campesiños obedeceron a regañadentes.
Despois dunhas semanas xa poncos paxaros había no seu reinado. E os poucos que quedaban tiñan un gran- de temor a se achegar ás terras do Rei.
Pero as cereixas non acababan de madurecer.
Desaparecidas aquelas bandadas de paxaros, agora había verdadoiras nubes negras de mosquitos e de toda clase de insectos que por riba de comer na froita, fací-anse insoportables e molestos para as xentes.

O Rei adoecía co enfado. Estaba molesto e ner-vioso. Non paraba de dar voltas e ó cabo, pensou que sería mellor chamar polo Senado. Pedir consello ós máis vellos e sabidos para que fixeran algo e salvar tanta cereixa que se perdía.

Pouco tiveron que falar. Ergueu do escano un velliño e dixo que aquelo era así porque a Natureza era así.

- ¿Como di? -preguntou O Rei con humildade.

- Pois, meu señor, a experiencia dinos que as cousas son moito máis sinxelas e que os seres vivos da Terra viven en harrnonía perfecta. Algunhas criaturas levan algo do que pensamos é noso, pero tamén dan e proporcionan satisfacción. Cando os observamos en liberdade sabemos que, ó tempo que miran por eles, están contribuíndo ó noso beneficio. Os animais tamén son sabios. Se algún deles faltara, o desequilibrio pro-vocaría maiores desastres. Por iso, hoxe mesmo, sen os paxaros non poderemos tornar dos insectos.

O rei recibiu aquela aprendizaxe con estima e agradeceu a súa sabedoría. A proba foi que estableceu o acordo de ter máis comedido o seu apetito de cereixas e compartir en harmonía a súa vida cos paxaros para ser enteiramente feliz.

Mero, roelaborado dunha lenda que me contou unha alumna no Colexio de Xanceda.