O milagre: A Lenda do Cebreiro
óntase que aló polo século XIII, un paisaniño de Barxamaior, apelidado Santín e home de fondas crenzas relixiosas, nun día de inverno de moito frío, con neve e tormenta, subiu ata o Convento do Cebreiro.
Distaba uns catro quilómetros costa arriba da súa casa. Ó chegar á Igrexa atopou un freire celebrando a Misa.

Seica o freire non era home de moita fe e vendo tan só a aquel homiño vello, cheo de frío, pensou para si mesmo: "¡tanto sacrificio, total para un cacho de pan e un pouco viño!. Hai que estar tolo para saír da casa co frío que vai, ...¡co ben que estaría na casiña á beira dan bo lume!.

Nese mesmo momento, era o momento de alzar, o freire quedou abraiado. Viu alí, nas súas mans, ¡o pan convertido en carne e o viño convertido en sangue!.

A imaxe da Virxe, que estaba no altar do lado, unha talla románica do século XII, inclinou a cabeza e así aparece aínda hoxe con ela abaixada.

Desta lenda nace a grande devoción ó Santo Milagre do Cebreiro.

Tamén se conta que en varias ocasións quixeron levar as reliquias para Valladolid e outros sitios, pero nunca puideron porque se lles detiñan os bois que portaban o carro. Non daban un paso por moito que lles pegaran.

Esta é unha das lendas do Cebreiro, é un feito relixioso e dá pé a múltiples interpretacións sobre outras lendas: a "do Santo Grial" e mesmo "O Parsifal de Vagner". Anque tamén puido ser que aquelas lendas desen lugar a esta polas múltiples superposicións mitolóxicas e de ritos pagáns en relixiosos que se sucederon ó longo dos tempos.

Mero. Reelaboroción da lendo que me contou D. Xesús Moto.