Das estrelas, tradicións do ceo
robablemente o maior espectáculo que os nosos ollos poidan ver se produce cando, cunha mirada sosegada, observamos esa inmensidade que temos enriba das nosas cabezas.
A contemplación do ceo advírtenos do pequeniños que somos en comparanza con aquilo que tan diminuto semella ós nosos imprecisos ollos alá lonxe, moi lonxe. Cada puntiño de luz dos que vemos é moito máis grande que o planeta no que nós vivimos. Tan grandes son e tanta a forza e o poder que desprenden na cultura tradicional eses puntiños, que se pensaba que ó sinalar co dedo unha desas estrelas, coa enerxía que desprendía, sairíanos unha verruga que lembraría a nosa ousadía de apuntala co dedo.

O ceo. pola noite amosa miles de luceciñas que parpadexan ou non. Unhas teñen luz propia e outras alumean gracias ó reflexo das compañeiras. Algunhas forman figuras se as enlazamos imaxinariamente e configúranse en grupos que logo podemos recoñecer. Unhas son moi coñecidas e outras non tanto, pero forman todo un espectáculo cambiante nun fondo escuro.

Se algunha vez contemplades o ceo, preguntádelle á xente maior os nomes das estrelas máis nomeadas. Procurade información dalguén que volas presente. Escoitade atentamente os moitos misterios que nas estrelas do ceo se ocultan.
Alá no alto, moi euriba poderedes ver a Orión ou O Arado, un grupo de estrelas que leva un cinto que lle aperta na barriga formado por outras tres estrelas aliñadas que se chaman "As tres Marías".

Hai un grupiño pequerrecho de varias estrelas, todas moi xuntas, ás que se lles chama "Pléiades" (que significa grupo, conxunto) e son máis coñecidas aínda polo nome de "Setestrelo" pois sete son as estrelas que mellor se perciben. Contan delas os vellos que forman a figura dunha galiña que choca os ovos. Outros din que esa galiña cos pitos se reflexa despois na terra e é a que se ve aparecer con moita frecuencia nos castros galegos anunciando a presencia de grandes tesouros que deixaron, hai miles de anos, os mouros.

É moi visible outro grupo de estrelas que, se as unides por unha suposta liña, debuxan un carro coa súa cabezalla. Vense, ó primeiro golpe, sete delas e forman O Carro Maior ou Carro das Estrelas da constelación -Osa Maior- anque son máis. Probablemente é a constelación máis coñecida das do ceo.

Se mirades mellor veredes tamén outro carro anque máis pequeno, e así se chama "Carro Pequeno" ou "Carro Menor" formado por varias estrelas onde a principal, a máis grande e amarela, é a primeira da cabezalla que se chama Polaris. Mirando para ela, para a Polaris ou Polar, xa sabedes onde está o No te celeste pois esta estrela, oito voces máis grande có Sol, é a que mellor indica ese punto transcendental de orientación.

Pódenvos presentar tamén outras con nomes moi curiosos como A Estreliña Lumieira, Estrela Panadeira, O Luceiro, Estreliña da Fartura, Estrela da 5 Claridade, Estrela da Mañá..., comunmente con estes nomes refírense a Venus, que aparece grande e cunha luz máis ben amarela e fixa (na nosa tradición é signo de abundancia e fartura si se ve vir cara a Galicia).

Mero. Reelaboración de distintas recollas.