A Dama do Castro
hámase Dama do Castro popularmente a un personaxe misterioso que habita nos Castros ou nas torres derrubadas dos castelos de Galicia.
Segundo as crenzas tradicionais, esa Dama do Castro ou Doncela Encantada -que aparecía en forma dalgún animal- era unha boa muller que axudaba e atendía a cantos tiñan a sorte de se topar con ela para obter un consello ou unha boa e xuizosa ensinanza, sempre esclarecedora e así tomar unha determinación comprometida para o futuro.

Moitos querían forzar esta aparición da Dama, da Fada misteriosa e levaban ós castros viandas e manxares moi apreciados invocando a súa presencia coa túnica branca coa que se lle supoñía vestida.

Mais esta Dama, que ten a consideración de tódalas xontes, prefire aparecer cando sabe das persoas que se encontran nalgún apreto ou que están aflixidas por algunha desgracia e anúnciase previamente dicindo:

- ¡Non collas medo, que son a Dama do Castro!.

E despois ofrece un consello para que aquela persoa poida resolver o seu problema.

Tamén é Dama protectora das nenas e nenos, que estando sós, atópanse en perigo. Por exemplo preto dunha ventá aberta ou a piques de caer no río, ou subidos ás paredes dun pozo. Alí está ela para lles ofrecer unha man e arredalos do lugar no que corren algún risco.

Á dama do Castro non lle gusta que a vaian buscar ó castro no que ela vive. Ninguén pode dar fe de ver ese Castelo de Cristal que teñen debaixo dos cimentos da torre ou do mesmo castro, onde está a súa moradía, porque segundo a mesma crenza, aquel que fose quen de chegar ós aposentos da Doncela, non podería volver atrás e quedaría encantado alí dentro para sempre.

Mero. Reelaboración de anacos contodas por D. Xosé Trapero Pardo.