|
|
|
Cando os vellos cargaron o toxo no carro, viron que non tiñan con que atalo. Faltaba o adival. Entón o raposo saíu de tras dun valo e dixo:
- ¿Que me dades se vos digo del?.
- Dámosche unhas galiñas que temos na casa. Son boas e están ben alimentadas.
- ¿E como mas habedes dar?.
- Tes que confiar en nós e agardar a que cheguemos de volta á casa.
- Si, si, pero de volta na casa, ¿cómo sei que mas habedes dar?.
- Non temas. Mesmo ó chegarmos, metémolas nun saco, soltámoschas polo
pasadoiro da horta, alí píllalas e vaste.
- Está ben, ¡vale!.
Foi polo adival e os vellos poideron ata-lo toxo ó carro. Marcharon e atrás ían o raposo e tamén a raposa moi contentos de como acontecían as cousas.
Ó chegar, o vello foi polo saco pero envez de mete-las galiñas meteu dous cans grandes. Levounos ó pasadoiro da horta e soltoullos. A raposa e o raposo corrían coma centellas. No medio do camiño díxolle o raposo á raposa:
- Maruxiña dá ás chancas que neste mundo todo é trampas.
Mero. Adaptación do conto recollido en Mesía.
|
|