O teléfono público
hegou unha tarde Antón de Fonte-souto á taberna da parroquia con intención de chamar por teléfono ós familiares que tiña na Coruña.
- Ramón, ponme línea para a Coruña.

O teléfono é público e ten un marcador de pasos que é preciso poñer a cero para sabe-lo tempo que se fala e poder cobra-la chamada.

O taberneiro, Ramón, contestoulle con cara de burla:

- Eu douche línea, e ti despois colle para onde queiras.

Mini. Oído en Brates - Boimorto