O Catecismo
n día avisou o cura que tódolos nenos e nenas da parroquia tiñan que ir ó catecismo.
Un rapaz foi á casa do cura a pregun-tar se había catecismo que quería empezar.
- Vai coller uns pexe-gos para este neno tan guapo que, se me sabe a doutrina, doullos.

E foron para a igrexa que estaba alí cerca e, xa dentro, o cura dixo: -E dirasme,
meu neno ¿onde esta Deus?.

- Deus se fora bo, estaria en tódolos sitios -respondeu o rapaz.

O cura regañou os dentes sorrindo e pasou á pregunta seguinte: - E, ¿cantos deu-
ses hai?.

O rapaz rañou na cabeza, cavilou dándolle voltas á gorra entre as mans e logo dixo, sen estar moi certo: - Eu coido que deberia haber tres.

Ai, que lio. ¡Nunca tal dixera!. O cura encendeuse todo, enfadouse con tal xenio que semellaba unha nacida. E termando do seu carácter, dixo -falándolle á criada:

- Tres deuses, ...pensa que se contan coa man coma os pexegos. ¡Pois nin pexegos nin galletas!. Se non sabe catecismo, ... ¡que o estudie e que o aprenda!.

Entón o rapaz marchou de volta para a súa casa e, no camiño, atopou cun amigo e veciño que tamén ía para o catecismo, e preguntoulle:

- Se vas para o catecismo lévao ben aprendido, que queda o cura moi enfada-do. Ti ¿sabes cantos deuses hai?.

O outro contestoulle tímidamente pero convencido: -¡Hai un!.

E daquelas contestoulle con toda segu-ridade:

- Ai si oh, ... ¡díxenlle eu que había tres e parecéronlle poucos!.

Mero. Recollido en Olas (Mesía) 1981.