Mal can
n home tiña moltas ovellas e cabras. Andaba con elas polo monte. Axudáballe un can pastor moi grande.
Un dia ó pastor pegoulle o sono, e, facendo confianza no can, que xa el gar-daría o gando, botouse a durmir toda a tarde.

Cando despertou non viu nin cabras nin ovellas. Todas llas comera o lobo que viña rabeado coa fame.

O pastor mirou para o can, que tamén durmía, e dixo:

- Vaia, home. Os dous gardamos por igual. Agora si que podemos durmir.

Oído en Terra de Montes.
Adaptado por Mini.