|
|
|
- Mañá hei de ir rozar toxo ó monte da Braña.
- Se Dios quere... -dixolle a muller.
- Queira, non queira, eu hei de ir.
Ó dia seguinte marchou pró monte, pero ó saltar un valado, caeu e partiu unha perna. Ó pouco tempo, pasou por alí un veciño, e díxolle o home que partira a perna:
- Dille á miña muller que xunga as vacas, se Dios quere; que as poña no carro, se Dios quere; e que veña por min, se Dios quere.
|
|