|
|
|
Pedíron-lle á vella se lles podía dar pousada durante uns días pero ela, ó velos tan finos e preparados, díxolles que a casa era pequena e ruín, que para eles non servía e que ademáis ía vir unha tormenta moi forte de noite.
Eles insistiron tanto que a vella cedeu e ó fin quedaron.
Ó outro dia, ó erguérense, preguntá-ronlle a aquela mulleriña:
- E...¿como sabía vostede que ía vi-la tormenta?.
- Pois élles moi doado: teño un burro que raña nos paos cando se achega o trebón.
Oíndo isto, dixo un deles, ¡vámonos, que saben máis os burros aquí, que na nosa terra os astrónomos!.
Mero. Reelaboración de varias versións recollidas en Mesía
|
|