
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, participaron con Sergio Vallejo, Luis Moya, e outros deportistas de elite, nun percorrido do Camiño de Santiago ó seu paso por Lugo en vehículos de competición de Rally con motivo da sinatura dun convenio de colaboración. A iniciativa enmárcase dentro da promoción de Km0 a Compostela, o programa provincial que pon en valor as rutas Xacobeas ó seu paso pola provincia.
A comitiva fixo un treito do Camiño Primitivo que transcorre polo municipio lucense, concretamente dende o cruce de Santo Matías ó de Fornelo a Abelairas. Asimesmo, como apoio a esta iniciativa de promoción, un grupo de peregrinos, membros da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo A Xuntanza, realizaron a pé o mesmo percorrido.
Gómez Besteiro salientou que, deste xeito, a Deputación logra que cada vez máis xente participe en Km0 a Compostela, un proxecto que puxemos en marcha xa o pasado mes de setembro converténdonos na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo.
O obxectivo deste programa é impulsar a economía de Lugo promocionando 25 rutas de peregrinación dos catro Camiños que pasan pola provincia de Lugo: o Francés, o Primitivo, o da Costa, e o do Inverno. Para elo, o titular do organismo provincial anunciou que nos vindeiros meses, visitarannos personalidades de recoñecido prestixio a nivel nacional para contribuir na nosa tarefa de difundir as riquezas da provincia e procurar a proxección exterior.
Neste senso, Gómez Besteiro lembrou que outros colectivos, como a Sociedade Española do Corazon SEC-, ou os directores de medios de comunicación de Galicia, e mesmo autoridades, como o Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro de Km0 a Compostela. O ano Santo é unha oportunidade extraordinaria para crear emprego e mellorar a economía de todos os Concellos polos que pasan os Camiños. Por iso, a Deputación quere involucrar a todos os sectores no noso proxecto incidiu.
No último Xacobeo visitaron a Comunidade 4 millóns de persoas. A provincia de Lugo é porta por excelencia cara Santiago de Compostela, xa que, con 800 quilómetros, é a provincia española coa maior lonxitude de rutas Xacobeas.
O Presidente da Deputación, xunto ós deportitas e peregrinos, fixeron o percorrido ó Camiño logo da sinatura dun convenio entre o organismo provincial e o equipo dos Campións e Subcampións de Rally de España, Nupel. É unha iniciativa, sen custe algún, a través da cal o coche e o equipo deportivo dos irmáns Vallejo levarán a marca Km0 Deputación de Lugo.
O titular da institución provincial destacou que con este convenio damos un paso máis na promoción da nosa provincia, e facémolo coa axuda dos mellores embaixadores do mundo do Rally. O Nupel vai levar o nome de Km0, e por tanto o de Lugo, por todo o mundo para así darnos a coñecer, e incentivar a nosa economía.
Pola súa banda, o director do Nupel, Jorge Dorribo, salientou que sentímonos orgullosos de divulgar a nivel nacional e internacional a imaxe de Km0 coa que a xente descubrirá a gran riqueza que ten Lugo, e o moito que nos pode ofrecer.
Km0 Deputación de Lugo, xunto a modalidades de Km0 a Compostela, e Km0 Xtreme, oferta 135 rutas guiadas pola provincia. Ademais, ofrece a posibilidade de degustar e promocionar produtos autóctonos de Lugo. O obxectivo deste programa é reactivar a economía local, ó tempo que ofrece ós participantes ecoturismo, medioambiente, gastronomía, cultura, e tradición.
A iniciativa da Deputación, incluída dentro do proxecto Lug02, que conta cun presuposto de 600.000 euros anuais cofinanciados nun 70% con fondos FEDER, e un 30% polo INLUDES, dependente da Deputación; contribúe a manter 3.000 postos de emprego directos e indirectos, en sectores como os da hostalería, turismo, ou a industria.
Previamente, Gómez Besteiro recibiu no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais da Berea (Sober) e a outro da Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo, dentro de Km0. En total, no que vai de 2010 participaron 1.200 persoas, que se suman ás 11.000 dende que o programa medioambiental iniciou a súa andaina en setembro de 2008. Na actualidade, está cuberto o cupo de praza ata o mes de maio, de tal xeito que en xuño, cando remate a segunda fase do programa, o número de participantes ascenderá ós 22.000.
Nas seis rutas do programa medioambiental que promove o organismo provincial desta semana 295 persoas redescubrirán a Mariña, a Montaña, a Terra Chá e a Ribeira Sacra.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.