Noticias

A Deputación de Lugo inicia o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel

Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas, no que ata finais de ano se definirán os recursos turístico-científicos e logo se concretarán as actividades a ofrecer a cidadáns en xeral e profesionais de distintos sectores. O proxecto, incluído no Plan Estratéxico de Turismo, presentouno o Deputado de Turismo, xunto ao Vicepresidente, aos 17 Concellos implicados, expertos da USC, representantes de colectivos veciñais e empresas da zona.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, presentou o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel, que pon en marcha o Goberno Provincial, pois e unha das iniciativas definidas no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). Fíxoo nun acto en Cervantes ao que asistiron representantes de 17 Concellos, USC, colectivos veciñais e entidades que participarán no desenvolvemento desta iniciativa pública.

Este proxecto trata de poñer en valor os recursos científicos para desenvolver económica e socialmente a provincia a través do turismo. Desenvolverase nunha espazo de 102.635 hectáreas, converténdose no plan turístico-científico coa maior zona de estudo de Galicia. Abrangue os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Consta de dúas fases, unha de certificación, que comeza de xeito inmediato; e outra de desenvolvemento de actividades específicas no territorio.

A fase de certificación supón un amplo estudo sobre as potencialidades turístico- científicas. Contará coa participación directa de expertos da Universidade de Santiago de Compostela, así como dos Concellos implicados, colectivos sociais do territorio e entidades. Arranca agora en outubro e previsiblemente se prolongará ata decembro. A fase de desenvolvemento de actividades específicas vaise definiciar tamén coa participación de todos os axentes implicados na fase de certificación. Incluiranse roteiros, conferencias ou xornadas de bioloxía, micoloxía, xeoloxía ou botánica, entre outros. Estarán dirixidas á cidadanía en xeral ou a profesionais do sector.

R., 2018-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES